CORONAVIRUS | Galicia
Reforzo "inmediato" no profesorado de Secundaria
Segundo explicou Román Rodríguez esta semana, a incorporación dos 847 profesores da etapa de Secundaria “producirase de maneira inmediata” os vindeiros días. Nestes momentos -logo de quedaran cargadas todas as vacantes na aplicación informática á que teñen acceso os 360 centros públicos de ESO, Bacharelato e FP- os centros xa coñecen o número de profesores que incorporan, o que vai facilitar que poidan completar o deseño de grupos, horarios e outras cuestións organizativas para o inicio da actividade lectiva nos institutos de toda Galicia.
Así, o venres está previsto que se adxudiquen os destinos finais do profesorado unha vez que os centros completen os trámites administrativos; e a vindeira semana estarán todos incorporados nos seus respectivos centros con motivo do arranque do curso de Secundaria o mércores día 23.
o conselleiro Román Rodríguez explicou a incorporación de arredor de 2.000 novos profesores ao sistema de ensino público; o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla total de profesorado para este curso. Con este reforzo dos equipos docentes dáse resposta á principal demanda da comunidade educativa e cúmprese co compromiso de atender as necesidades de profesorado expostas polos centros. “Con esta decisión -sinalou o conselleiro- pechamos a acción máis importante da Xunta de Galicia para o desenvolvemento do curso coas máximas garantías de seguridade e calidade”.
Dos preto de 2.000 novos profesores, 1.107 serán para as etapas de ESO, Bacharelato e Formación Profesional (847 para reforzar as medidas de seguridade contra a covid e 260 que se incorporan para atender o incremento de oferta); 240 son para Infantil e Primaria (que xa están contratados e traballando nos centros) e 543 son novos docentes de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo (221 para Primaria e 322 para Secundaria).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168