VIGO
O XXVII Revoltallo de música emerxente chega esta fin de semana a Valladares
Actividades familiares completan a oferta deste ano
Esta fin de semana, prosigue a aposta da parroquia de Valladares pola música en galego e actividades para toda a familia, obradoiros e moita cultura coa celebración da XXVII edición do Revoltallo, o festival máis lonxevo de Vigo e un dos históricos de Galicia. O festival de música emerxente, que se celebrará o 18, 19 e 20 de setembro, ofrece música segura cun protocolo específico contra a Covid-19 e un novo formato, combinando sesións vermú e sesións solpor. Propostas en acústico serán as protagonistas desta XXVII edición, combinadas con outros estilos como o reggae, a electrocumbia ou o pop en galego.
A Xuntanza Xuvenil mudou o plantexamento deste festival, convertindo o Revoltallo nunha cita para toda a familia nos diferentes espazos que oferta ao redor das instalacións do Centro Veciñal e Cultural de Valladares (O Pedregal).
Os concertos, núcleo central do Revoltallo, terán lugar no espazo exterior do Centro Cultural de Valladares, cambio propiciado pola meteoroloxía, xa que nun principio estaba plantexado na carballeira do Pedregal, un espazo natural no que se ven celebrando nas súas últimas edicións. O novo plantexamento, conta cunha carpa para combatir a choiva e cun aforo reducido de 200 persoas para garantir todas as medidas de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades sanitarias. O acceso é libre e por orde de chegada dos asistentes, ata completar aforo.
Programación e horarios
A programación arrinca o venres ás 20:15 h co reaggae de La Madriguera. Seguirán ás 21:15 h De Vacas e ás 22:15 High Paw será a encargada de pechar a primeira xornada.
O sábado tocaralle inaugurar o escenario da sesión vermú ás 12:30 h ao acústico de Adrian Timss, e compartirán aperitivo con La Chata Soul (13:30 h). A música continúa pola tarde, abrindo co cantautor vigués Gabriel Mckenzie (18:30 h), Monoulious DOP en acústico ás 19:30 horas e o compostelán Ortiga que pechará o sábado ás 20:30 h.
Ortiga, High Paw e De Vacas comparten cartaz con novos talentos da música galega
O domingo, a música soará dentro do auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares ás 18:30 h con Noar e ás 20:00 h coa violonchelista Margarida Mariño.
Unha cita que conta ademáis con espazo para actividades familiares e obradoiros na contorna do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. O venres 18 Magia en la manga (18:00h.) abrirá a programación infantil, que continúa o sábado ás 17:00h cos Contos da Galicia Máxica de Marta Ortiz e Peter Punk Pallaso e o seu espectáculo Punkdemia ( 18:00h). O domingo 20, o Bardo Abelardo trovará Contos e cantos para coidar a terra (17:00h) e a Zona en Obras de Brais das Hortas pechará esta edición ás 18:00h con teatro para toda a familia.
“A pesar das grandes dificultades coas que nos atopamos para sacar adiante o festival este ano cheo de adversidades, conseguimos que a música emerxente galega non perdese o seu espazo dentro do circuíto de festivais galegos, e xa son 27 anos ininterrumpidos dando a coñecer os novos talentos que crean na nosa lingua. O compromiso e tenacidade da organización para non deixar caer esta cita mítica coa música en Valadares, farán que o Revoltallo siga entre nós moitas edicións máis”, sinalan dende a organización.
O Revoltallo, festival máis lonxevo de Vigo
O Revoltallo naceu na década dos noventa dunha novedosa idea de incluir estilos tan diferenciados como o indie, techno e o hardcore, cun presuposto moi limitado pero defendendo ano tras ano o seu humilde cartaz ante os seus máis acérrimos seguidores. Esta é a XVII edición ininterrumpida que aposta polos novos intérpretes galegos, consolidando o seu espazo como o festival que descubre aos novos intérpretes do futuro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155