MOS
Mos acorda medidas de vixilancia, control e desinfección para frear a COVID-19
Onte celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos unha nova sesión (a número 18) da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos que será ademaís, por decisión de todos os integrantes, a ultima presencial, xa que pasarán a celebrarse novamente de xeito telemático.
Na celebración periódica desta Comisión de Seguemento, síguese a analizar a situación da pandemia e se establecen estratexias de seguridade, protección e prevención ante o virus.
A Comisión de hoxe, foi presidida pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, quen declarou ao respecto que “queremos estar preparados ante posibles rebrotes e sobre todo seguir supervisando todos os protocolo de prevención que temos establecidos en todas as instalacións que xa teñen actividades, tales como as Escolas Infantís, os colexios, campos de fútbol, Piscina Municipal e pavillóns”.
Unha das decisións acordadas durante a celebración da mesa foi a de facer novamente unha entrega de mascarillas ás familias usuarias dos Servizos Sociales con fillos escolarizados e que as necesiten, para unha volta ao cole segura.
Outra medida importante acordada no día de hoxe é o cambio de hubicación do departamento de Servizos Sociais, que dende o día 1 de outubro pasarán a instalarse nas oficinas do edificio multiusos das Pozas. Deste xeito persíguese poder atender aos usuarios nun lugar más adaptado por espacio Informouse que a partir de outubro reanudaranse algunas actividades deportivas correspondentes á apertura da segunda parte do Pavilón Oscar Pereiro; diferentes modalidades deportivas, o programa dirixido a maiores Exercítate e o programa Coidate no Pavillón Patricía Martinez.
Deuse conta do inicio dos cursos do programa TEMPO DE LECER, organizados pola concellería de participación cidadá que comenzaran nas asociacións culturais a partir do mes de outubro, e que xa foron visitadas polos técnicos municipais para establecer diferentes protocolos en función de cada espacio e de cada especialidade.
Entre os temas a tratar falouse da importancia da vixilancia que están a levar a cabo os 8 axentes da Policía Local de Mos nos colexios, Escolas Infantís e Instituto e que se seguirá a realizar.
Seguirase tamén minuciosamente cas tarefas de limpeza e desinfección, reforzándoa nos centros de ensino, puntos de recollida de lixo, zonas urbanas e parques. Ademais durante a Comisión de Seguemento desta mañá abordouse tamén a posibilidade de desinfectar os exteriores das residencias de maiores e que se lles ofrecerá a cada unha delas, do mesmo xeito que se está a realizar xa esta labor no Centro de Escravas Virxe Dolorosa en Petelos.
Seguiremos desde a administración local co servizo de apoio por parte de Emerxencias e Protección Civil aos fogares con algún membro contaxiado mediante a realización da compra no supermercado e farmacia, desinfeccións, traslado á realización das pertinentes probas médicas, revisións… etc. Ademais continúa en activo o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) Temporal Extraordinario posto en marcha como reforzo ante a pandemia e que en ningún momento se interrompeu desde a súa posta en marcha.
Trabállase xa desde hoxe, acordado na celebración desta mesa, no presuposto do ano 2021, polo tanto e tendo en conta a actual situación, os traballadores de departamentos como servicios Sociais ou a Policía están xa a redactar un informe de necesidades a ter en conta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11