VIGO
A liña de autobús H1 ao Hospital Álvaro Cunqueiro modifica o seu percorrido
A líña H1, que conecta o centro de Vigo co Hospital Álvaro Cunqueiro, modificará o vindeiro luns o seu percorrido e realizará a ruta a través da Avenida de Fragoso, tanto de ida como de volta. Pola súa parte, a H2 que tamén conecta co centro médico manterá o percorrido pola Avenida de Castrelos
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou dun cambio dunha das liñas de autobús urbano que conecta o centro da cidade co Hospital Álvaro Cunqueiro. Trátase da H1, que desde o vindeiro luns 28 de setembro realizará unha modificación no seu percorrido. Así, manterá a súa ruta desde Policarpo Sanz ata Praza de América e despois circulará pola Avenida de Fragoso, tanto á ida como á volta, en vez de a Avenida de Castrelos.
Pola súa banda, tal e como confirmou o alcalde, a liña H2, que sae de Greogrio Espino e tamén conecta co Álvaro Cunqueiro, manterá o seu percorrido de ida e volta pola Avenida de Castrelos.
Tráfico en Gran Vía
Ademais, Caballero indicou que acabou o asfaltado de Gran Vía e que está aberto un segundo carril de baixada (lado Corte Inglés) e mantense un de subida (lado Once). Segundo explicou, haberá un tratamento especial cun pulido de “calidade máxima” para os pasos de peóns.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49