Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 29 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP apoia a plataforma que buscar unha solución á localización da caldeira de biomasa

“Solicitamos ao alcalde debate desta cuestión e que escoite aos veciños.”

O Grupo Municipal do PP apoia a decisión da Plataforma veciñal creada por mor da construción da caldeira de biomasa en pleno centro urbano.

 

Os veciños acudiron ao Rexistro da Propiedade e aseguran que os terreos non son municipais, senón que figuran a nome de Ceferino Fontán González, o que invalidaría o informe municipal. “É un aspecto que debemos aclarar antes de continuar coas obras. Se o Concello constrúe aí a caldeira, sabendo que non son terreos municipais, estaría a incorrer nunha prevaricación. Ademais, os veciños xa alertaron que recorrerán á Xustiza, polo que o Concello de Ponteareas podería verse obrigado a incorrer en gastos de demolición e penalizacións económicas”, explican os populares.

 

O Grupo Municipal do PP solicita ao bipartito máis diálogo e consenso e que non contribúan a erros pasados, proliferando o “ feísmo” do municipio con esa instalación nunha zona de servizos que no futuro podería demandar máis espazo. “É unha contorna de Residencia e Centro de Día que no futuro podería necesitar eses espazos. Non podemos pensar de forma cortoplacista, hai que sentar correctamente as bases do crecemento do noso pobo”, afirmou Villar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.