A GUARDA
A Guarda pide novas medidas nos centros de ensino diante do Covid19
O pleno do Concello da Guarda súmase a reivindicación da comunidade educativa para esixir a Xunta de Galiza, que "dote aos centros de ensino de suficiente profesorado e material para garantir que a actividade educativa se desenvolva con garantías sanitarias".
O Concelleiro nacionalista Xosé Manuel Méndez, calificou como "un auténtico despropósito a posta en marcha deste comezo de curso por parte da Xunta de Galicia". Na súa intervención diante do pleno manifestou “ A Xunta de Galiza tivo 6 meses para planificar o comezo do curso. Non escoitaron as ANPAS, nin aos representantes do profesorado. Presentaron un protocolo 6 días antes de comezar o curso que prima os criterios económicos por riba da calidade educativa e as garantías sanitarias. Non se respectan os criterios estabelecidos para o resto da poboación, como poden ser as regras de distanciamento persoal. Non se recollen medidas específicas para o alumnado con necesidades educativas especiais. Outro tanto ocorre cos comedores escolares.Tampouco se adopta ningunha medida que solucione os graves problemas que se manifestaron durante o confinamento á hora de impartir aulas de maneira telemática, como a fenda dixital, a formación do profesorado e alumnado”.
A proposta nacionalista aprobada polo pleno tamén reclama da Xunta de Galiza que se faga cargo dos traballos de desinfección e limpeza dos centros de primaria que recolle o protocolo e que son competencía do goberno galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58