Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 28 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

"Ponteareas Saudable" asegura que "a biomasa constitue un enorme fraude medioambiental"

Para o mércores, día 30, ás 20:00, a Asociación de Veciños Ponteareas Saudable convoca unha concentración con cacerolas diante do concello coincidindo co Pleno municipal.

Dende a Asociación de Veciños Ponteareas Saudable creen que "o concello debería denunciar ao inxenieiro redactor do proxecto por estafa, xa que ocultou datos esenciais e desinformou nunha entrevista periodística".

 

Nuncomunicado de prensa aseguran que "a información ocultada pódese consultar na guía do Panel Internacional sobre o Cambio Climático (IPCC) e comprobar por exemplo que mentres o Gas/Diesel Oil emite 74,1 t/TJ (toneladas por terajulio de enerxía), o Gas Natural, 56,1 t/TJ, a madeira e podas de madeira emite 112 t/TJ".

 

"Resulta, polo tanto,  que o proxecto que o alcalde vendeu á veciñanza como 'exemplar e inocuo, que sitúa a Ponteareas na vangarda enerxética', constitúe en realidade un timo do que está sendo vítima o propio goberno municipal e a xente que creo nas súas falsedades" explican os veciños nun comunicado de prensa.

 

Segundo a asociación Partnership for Policy Integrity, "a biomasa é peor que o carbón, peor que o petróleo e peor que o gas natural, tanto pola baixa relación enerxía / carbono inherente á madeira, como tamén porque as instalacións de biomasa normalmente funcionan con eficiencia considerablemente inferior ás instalacións de combustible fósil. As emisións típicas de CO2 nunha planta de biomasa a escala de servizos públicos son do 150% as dun queimador de carbón e do 300 ao 400% as das instalacións de gas natural".

 

Para o  mércores, día 30, ás 20:00, a Asociación de Veciños Ponteareas Saudable convoca unha concentración con cacerolas diante do concello coincidindo co Pleno municipal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.