MOS
Mos aproba en pleno unha moción de "apoio" aos autónomos
O corporación municipal de Mos aprobou hoxe en Pleno unha moción conxunta que recolle unha serie de medidas para apoiar aos autónomos, aos que consideran un pilar fundamental para a economía do municipio.
É xeralizada a preocupación que existe no ámbito administrativo local sobre a falta de instrumentos legais dos que dispoñen as entidades locais para, dende un punto de vista fiscal, poder paliar os efectos económicos para a poboación en xeral e para os profesionais e traballadores autónomos.
Entenden desde Mos que o actual contexto da COVID-19, cos rebrotes que se están a producir e as medidas de peche, suspensión e redución de actividades, esixe ter en conta as dificultades polas que atravesan as empresas, profesionais e autónomos que por circunstancias alleas a aqueles se ben obrigados a limitar o mesmo paralizar a súas actividades. Pois ben, en dito contexto, resulta preciso, para evitar o peche definitivo de moitas destas actividades, contribuír ao seu mantemento ou supervivencia reducindo a presión fiscal.
Por este motivo presentou unha moción que foi aprobada unánimemente cos seguintes puntos:
1º.- Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estivesen suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente. Esta debería ter carácter retroactivo.
2º.- Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) para aqueles vehículos non turismos de carácter industrial, mercantil e comercial e de transporte de pasaxeiros, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias. Esta debería ter carácter retroactivo.
3º.- Aprobación dunha bonificación excepcional e proporcional (con carácter mensual) no pago do Imposto sobre bens inmobles (IBI) relacionados con inmobles onde se desenvolva o exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean ou estivesen suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente. Esta debería ter carácter retroactivo.
Dende o Concello de Mos, xa se puxeron en marcha fai meses, diferentes medidas fiscais e tributarias para axudar a este colectivo; como por exemplo: adaptar o Calendario fiscal ampliando o prazo de cobranza para o IVTM, a derrogación de ordenanzas tales como as tasas das terrazas en vía publica, esención tasas por expedición de documentos administrativos, etc...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11