Martes, 03 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O Atlantic Fest de Vilagarcía reinvéntase cun vídeo promocional

O audiovisual promociona o festival da man do grupo León Benavente e pon en valor o territorio, a gastronomía e as persoas produtoras locais

Un Atlantic Fest reinventado para “este tempo de pandemia”, e todo o traballo que xa está a facer cara a edición do 2021. Cunha mensaxe optimista e cheo de positividade, a organización do Atalantic Fest de Vilagarcía, acompañados da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e do alcalde, Alberto Varela, presentaron hoxe o vídeo promocional deste ano “Atlantic Sessions”, que pon en valor o territorio, as persoas produtoras e a gastronomía do Salnés.

 

Como subliñou a presidenta provincial, tanto as persoas promotoras deste festival como o Concello de Vilagarcía “apostaron pola resistencia”, por manterse, e foron quen “de facer que unha grande dificultade se convertera nunha oportunidade”, reinventando a edición deste ano. Deste xeito, “Atlantic Sessions é un documental que supón unha acción exclusiva da organización do Festival coa Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, para a promoción do territorio de Arousa. Está protagonizado polo grupo musical León Benavente, que no audiovisual coñece o produto local, máis concretamente as ameixas, a través das mariscadoras de Amarcarril e das mulleres do sector da restauración. Así mesmo promociona a Illa de Cortegada cunha visita e unha actuación xunto á Ermida da Virxe dos Milagres recollida no vídeo.

 

O obxectivo do vídeo, como engadiu Susana Laya, directora do festival, “é ver a través dos ollos da xente que nos visita como é a experiencia de visitar a cidade por primeira vez”. “Esperamos –apuntou- facer máis traballos como estes proximamente para que se vexan os tesouros que temos ao redor e  que nós xa practicamente non vemos porque estamos acostumados a eles”. Laya engadiu que a organización xa traballa na edición do 2021 tanto coa súa estrutura habitual de concertos como “nun plan B” por se hai que adaptalo de novo ás circunstancias, “segundo evolucione a situación sanitaria”

 

Carmela Silva destacou así mesmo a importancia deste vídeo e dos que se elaborarán en datas próximas,  “primeiro, porque manteñen a marca; segundo, porque lle din á xente que se vai manter, polo tanto é unha mensaxe de optimismo, de que estamos aquí e imos seguir; e amais, porque poñen en valor algo moi importante, que é todo o que ten que ver cosas políticas de proximidade: o produto local, a actividade empresarial local, a gastronomía, o territorio, as mulleres, e a aposta polo medio ambiente e a sustentabilidade”.  “Queremos –insistiu-  emocionar a moita xente para que o ano que ven haxa un Atlantic Fest, xa sexa de modo A, coma sempre, ou senón con un plan B porque imos seguir na resistencia, no optimismo e nas gañas de seguir sendo referencia musical dun turismo sostible, atractivo, ligado ao territorio e a cultura”. A presidenta reiterou o apoio a todos os festivais Rías Baixas, “unha marca consolidada que fai que se nos recoñeza non só na provincia e en Galicia, senón tamén a nivel nacional e internacional”. “É un fito moi relevante da actividade na provincia e de feito, somos a provincia de Galicia que ten máis festivais musicais”, indicou.

 

Pola súa banda, o alcalde Alberto Varela amosou o apoio da administración local ao festival e agradeceu aos organizadores, “máximos expoñentes do talento local e do sector cultural” a reinvención do evento e o feito de “non tirar a toalla, do que é proba este vídeo”. “A cultura é segura –dixo-, a vida continúa e temos que tomar precaucións pero non podemos deixar caer o sector cultural. Entre o seu esforzo e o apoio das administracións , os eventos culturais, o noso talento local, ten que continuar. Creo que a noticia ten que ser amais que xa se está traballando no Atlantic do ano que vén. Era moi importante o apoio das administracións nunha situación excepcional que sen o músculo administrativo moitos sabiamos que ían caer. E eu tiña moi claro que se algunha administración non ía deixar aos concellos de lado era a Deputación”. Varela tamén  subliñou que o audiovisual “recolle as cousas das que estamos mais orgullosos nesta cidade, a nosa illa de Cortegada, que o pobo tivo que a defender con uñas e dentes, e tamén o produto local, a ameixa de Carril, as nosas asociacións, as nosas mulleres, Amarcarril, Corticata, e todo o bo facer que se está a facer pola xente de Vilagarcía”. E concluíu dicindo que “temos que quedarnos coa mensaxe de que os que teñen que idear xa o están a facer para o ano que ven, esperamos que non coa nova normalidade, senón coa normalidade de sempre”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.