Provincia de Pontevedra
O pazo provincial da Deputación de Pontevedra tínguese de verde
A institución únese á campaña “Outubro mes da artrite e espondiloartrite”, que desde 2009 organiza a Coordinadora Nacional da Artrite da man de entidades como a Asociación de enfermos de artrite de Pontevedra (ASEARPO)
A Deputación de Pontevedra iluminará de verde o seu Pazo Provincial desde a tarde deste xoves 1 de outubro ata a mañá do venres 2 ao abeiro do Día Nacional da Artrite. Deste xeito a institución provincial únese á campaña “Outubro mes da artrite e espondiloartrite” que desde 2009 organiza a Coordinadora Nacional da Artrite da man de entidades de todo o Estado como a Asociación de enfermos de artrite de Pontevedra (ASEARPO).
A través desta iniciativa preténdese visibilizar a artrite reumatoide, artrite psoriásica, artrite idiopática xuvenil, espondiliti anquilosante e espondiloartrite, así como ás persoas enfermas, concienciando á sociedade sobre as dificultades coas que se atopan no día a día e dando a coñecer estas patoloxías, descoñecidas pola maior parte da poboación.
En España hai máis de 200.000 persoas con artrite e aparecen máis de 20.000 novos casos cada ano. Na nosa comunidade, en Galicia, aproximadamente preto de 20.000 persoas conviven coa artrite reumatoide. Segundo o estudo “RA Matters” máis do 25% das persoas coa enfermidade en España víronse na obriga de deixar o seu traballo e sete de cada dez persoas séntense incomprendidos na súa contorna máis próxima.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217