Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 05 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP denuncia "un descontrol" nos servizos da Polica Local

"Tal situación vén deribada polo descontrol no servizo, con días sen ningún axente de policía, sumado á política que vén practicando o goberno Municipal, obrigando aos Policías locais a sancionar indiscriminadamente" explican dende ACIP nun comunicado.


Como engadido, "é importante destacar o afán recadatorio do goberno local, utilizando un radar privado nas rúas de Ponteareas, onde nas pasadas semanas cambiaron a velocidade limitándoa a 20 km/h no centro urbano, e 30 km/h na rúa Castelao".


"Mais grave é que o propio radar é privado, pois o propietario é a empresa que realiza a recadación para o Concello de Ponteareas. É dicir, a empresa recadadora encárgase de comprar un radar para que os policías locais recaden para a empresa e o Concello" aseguran.


"Seguiremos reclamando que as denuncias realizadas polos auxiliares de policía que non son funcionarios, xa que a lei é clara, só poden denunciar os funcionarios. A trampa encuberta é que realizan as multas como voluntarios, e despois as firma o oficial de policía, algo ilegal e que serian tombadas nos xulgados se os veciños denunciasen polas irregularidades" engaden.


Para o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera "está claro que para este goberno a súa única política é a de recadar. No ano 2018 recadaron preto dos 300.000 euros e o pasado ano aínda non nos deron acceso á memoria de recadación, pero temémonos que superará esa cantidade, máis cando a maioría das sancións son realizadas polos auxiliares de policía, o cal é ilegal".


"Temos claro cal é a prioridade deste goberno local do BNG coa complicidade do PSOE, crear un pobo pantasma sen actividade económica, e que quede para catro, cando Ponteareas foi sempre todo o contrario, un pobo situado estratexicamente, hospitalario con mercados e actividades económicas, comercio e hostalería, etc... onde os veciños das Parroquias e demais Concellos compraban semanalmente, e agora coa persecución, limitación e prohibicións de aparcamento desprázanse a outros  Concellos onde lles dan facilidades, mentres aquí danlles receitas de multas".


Resulta "indignante a situación da Policía local, a cal hai días que non presta servizo pola noite como o pasado día 24 de Setembro, onde só atopábase un auxiliar de Policía de servizo, imposibilitando a existencia dun bo servizo de Policía local, algo inasumible cun goberno que presume e realiza propaganda de sancionar con radar, recadar con multas indiscriminadamente, pero sen seguridade cidadá pola noite, e máis nestes momentos onde se require mais presencia na rúa debido á situación de restrición polas noites, e vendo como as demandas dos veciños pásanas á Garda Civil".


"Esta situación fai insostible a convivencia e o día dos veciños, tendo en conta que a función da Policía Local debería ser a de atender, axudar na convivencia e necesidades dos veciños e facer cumprir as ordenanzas municipais, pero non, agora mesmo obríganos a recadar a través das sancións e radar" explican.


Por último esixen "un cambio de política inmediata en materia de seguridade, que os veciños vexan na rúa unha verdadeira Policía Local e non manipulada politicamente, o cal prexudica gravemente, vendo casos claros de persecucións persoais cara a algúns locais e negocios deste  Concello, sancionando aos mesmos en termos irregulares".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.