• Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia

Sábado, 22 de Agosto de 2026

Actualizada Viernes, 21 de Agosto de 2026 a las 22:41:35 horas

  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

      O Porriño repara las pasarelas del sendero del río Louro con una inversión de 17.758 euros

    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

      Ponteareas logra 1,5 millones para convertir MercaTea en un mercado inteligente

    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

      Tomiño subasta madera de 13 fincas por incumplir la limpieza

    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • 'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

      'Tilducha' recibe el Lazo de Honor de Baiona

    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • La Xunta inyecta 15 millones en innovación para más de 500 empresas gallegas

    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
  • Portada
  • Vigo
  • Redondela
  • A Louriña
    • Sección A Louriña
    • Mos
    • O Porriño
    • Salceda de Caselas
  • O Condado
    • Sección O Condado
    • Ponteareas
    • Salvaterra de Miño
    • Mondariz
    • Mondariz Balneario
    • As Neves
  • Baixo Miño
    • Sección Baixo Miño
    • Tui
    • Tomiño
    • A Guarda
    • O Rosal
    • Oia
  • Val Miñor
    • Sección Val Miñor
    • Nigrán
    • Baiona
    • Gondomar
  • Provincia
  • Galicia
  • Deportes
  • Más Noticias
    • Sección Más Noticias
    • Motor
    • Sucesos | Sociedad
    • Cocina - Gastronomía
    • Actualidad
    • Turismo
    • Salud
    • Seguridad
    • Libros
    • Cine | TV | Videojuegos
    • Empresa y comercio
    • Solidarios
    • Cultura | Espectáculos
    • Hogar
    • Humor
  • Iniciar sesión
  • Regístrate
  • Fotos de Lectores
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21.es
Martes, 06 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
VIGO

Os Bolechas ensinaron hoxe en Vigo e Nigrán a usar correctamente o número 112

Un centenar de centros educativos reciben estes días a visita dos Bolechas cunha divertida proposta para ensinar a usar correctamente o número único europeo de emerxencias 112

Loli Bolechas estivo hoxe co alumnado de 4º de primaria do CEIP O Pombal de Vigo e cun grupo de 2º de primaria do CEIP Mallón de Nigrán, para achegarlles a nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.


A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, os Bolechas explicaron cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso. As nenas e nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE112 Galicia) onde se reciben e xestionan todas as chamadas de emerxencias que se producen na comunidade autónoma galega. Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico sobre o 112 recibido ao final da actividade, que se realiza cumprindo as máis estritas medidas de seguridade.


Proxecto multidisciplinar, tamén en dixital
Esta proposta enmárcase nun amplo programa didáctico destinado á poboación infantil que a Axega puxo en marcha hai uns meses co fin de concienciar desde as primeiras idades na importancia que ten o bo uso do número 112. Para iso, ademais do audiovisual, publicouse un libro dos Bolechas no que, a través dunha divertida aventura, se explica como funciona o servizo de emerxencias na nosa comunidade, como traballa o persoal, como se coordinan todos os servizos etc.

 

 

 

 

Esta nova actividade forma parte do programa de divulgación posto en marcha pola AXEGA e os Bolechas e que inclúe material didáctico, un audiovisual e unha páxina web con multitude de propostas lúdicas e formativas

 

 

 


A todo isto súmase unha páxina web específica, https://osbolechas.gal/112, con máis información e consellos, pero tamén con divertidos xogos e actividades que facilitarán a aprendizaxe das nenas e nenos máis pequenos e porán a proba os coñecementos adquiridos. Na web está tamén accesible o vídeo de Braulio Bolechas así como fichas didácticas para traballar diversos aspectos relacionados coas emerxencias dun xeito moi práctico e ameno.


En total, un centenar de centros educativos recibirán ao longo deste mes de outubro a visita de diferentes personaxes Bolechas co fin de achegarlle á cativada galega a importancia do bo uso do número 112 e do traballo que realizan os servizos de emerxencias de Galicia.


Os Bolechas para aprender e divertirse
Os Bolechas, que este ano celebran o seu 20 aniversario, son desde a súa creación un referente cultural para a infancia galega, tanto no eido literario como no audiovisual e no educativo. Todas as propostas da popular familia creada por Pepe Carreiro levan implícita a promoción de valores universais como a solidariedade, a igualdade, a amizade, a empatía, a conciencia medioambiental… Este carácter pedagóxico fixo que moi pronto os libros fosen utilizados no ámbito escolar, de xeito que hai toda unha xeración en Galicia que aprendeu a ler cos Bolechas pero tamén adquiriu con eles os primeiros coñecementos sobre múltiples ámbitos.


Esta grande aceptación entre as nenas e nenos converteu a familia Bolechas nun vehículo idóneo para trasladar contidos didácticos adaptados aos códigos e intereses destas primeiras idades. e cada vez é máis habitual a súa presenza nos centros educativos para complementar a formación regrada cun referente positivo asociado, ademais, á lingua propia de Galicia.

 

Noticia anterior:
O rexedor traslada o seu apoio aos profesionais do Centro Comercial Coia 4 logo do incendio
Noticia siguiente:
A delegada da Xunta en Vigo visita as obras das Asociacións de Veciños en Coia
Comentarios Accede para comentar como usuario
Comentar esta noticia Accede para comentar como usuario

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.78

Todavía no hay comentarios

Actualidad

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Uno de cada seis créditos al consumo se usa ya para pagar vacaciones

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

Cámaras, IA y geolocalización se coordinan para frenar los incendios en España

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

¿Puede un perro morir de pena? Diez curiosidades del corazón

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

La sequía, el enemigo silencioso que avanza sin prisa, pero sin pausa

Opinión

Almaraz: una decisión que mira al futuro

Falta de oportunidad

Cruzar en rojo, el error que todos normalizamos

Guía de Servicios

Publicidad

Servicios y Comercio en Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

Vigo

Liceo Marítimo de Bouzas

986239244

Visitar web

Sucesos | Sociedad

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

Ocho helicópteros y dos aviones combaten el incendio activo en la parroquia de Nogueira

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil inspecciona la venta de gafas para el eclipse en Pontevedra

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

La Guardia Civil desplegará 24.000 efectivos para el eclipse del 12 de agosto

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Detenido en Cangas por cuatro robos a víctimas vulnerables

Agenda

Agosto 2026
LunMarMieJueVieSabDom
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Galicia

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

El relevo generacional no salvará a Galicia del desplome de su población activa

Galicia reivindica el valor de su agua con un llamamiento al consumo responsable

Galicia reivindica el valor de su agua con un llamamiento al consumo responsable

Provincia

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Deputación suma 55 concellos a su servicio digital de padrón municipal

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

La Xunta impulsa cinco proyectos estratégicos en Pontevedra con 2,2 millones

Deportes

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Mos y Redondela se unen a través del deporte con la Santiaguiño Challenge 10K

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Támara Echegoyen, premiada como mejor deportista oceánica tras su histórica vuelta al mundo femenina

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Vicente Cid se corona campeón de la Regata Rías Baixas con el Deep Blue

Motor

MG ZS, Lynk & Co 01 y SEAT Arona lideran las ventas de ocasión en 2026

MG ZS, Lynk & Co 01 y SEAT Arona lideran las ventas de ocasión en 2026

Salud

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

La Xunta mantiene abiertas las ayudas de 12.000 euros anuales para enfermos de ELA

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

Tomate, calabacín o plátano: los aliados de la nevera para dormir mejor en las noches de verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

La anafilaxia, la reacción alérgica mortal que se multiplica en verano

Turismo

El calor extremo no frena el turismo en España, pero cambia las preferencias

El calor extremo no frena el turismo en España, pero cambia las preferencias

Hogar

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Los municipios más baratos para comprar casa en España están por debajo de los 400 euros el metro cuadrado

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Cómo facilitar el envejecimiento en las viviendas unifamiliares de Galicia

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Los hogares del futuro serán más saludables y adaptables, según un informe

Seguridad | Protección Civil

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Lo que debe saber sobre tormentas eléctricas y rayos. Medidas de protección

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

Cómo mantenerse a salvo en caso de terremoto

O rexedor traslada o seu apoio aos profesionais do Centro Comercial Coia 4 logo do incendio

A delegada da Xunta en Vigo visita as obras das Asociacións de Veciños en Coia

Portada

Directorio de servicios
Galicia Galicia
Provincia de Pontevedra
Concellos
Gestiones
Guía Comercial
Clasificados
  • Mas contenido de Xornal21:
  • Fotos de Lectores
  • Hemeroteca
  • Encuestas
  • Agenda
  • Nosotros | Gupo Xornal21
  • Edición impresa
  • Publicidad
  • Contacto
Xornal21 - Noticias del sur de Pontevedra y la provincia | Actualidad de Galicia
Xornal21 | Términos de uso | Protección de datos
© 2026 | Todos los derechos reservados

Accede a tu cuenta

Con tu cuenta registrada
Olvide mi contraseña

Resetear contraseña

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.

Volver a acceder