Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 08 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A cor azul turquesa tinguirá este xoves o Pazo Provincial da Deputación

A institución únese á campaña #UnidosPorLaDislexia impulsada pola Asociación Dislexia e Familia (DISFAM), a Federación Española de Dislexia (FEDIS) e a Organización Iberoamericana das DEA (OIDEA)

A Deputación de Pontevedra iluminará de azul turquesa o seu Pazo Provincial na tarde deste xoves ao abeiro da conmemoración do Día da Dislexia. Deste xeito a institución únese á campaña #UnidosPorLaDislexia impulsada pola Asociación Dislexia e Familia (DISFAM), a Federación Española de Dislexia (FEDIS) e a Organización Iberoamericana das DEA (OIDEA).

 

A través desta iniciativa preténdese visibilizar este trastorno, que afecta ao 10% da poboación mundial, así como outras dificultades específicas da aprendizaxe, facendo fincapé na importancia da detección e actuación precoz para evitar o fracaso ou abandono escolar. Empregarase para tinguir o Pazo provincial da Deputación  a cor azul turquesa xa que ten connotacións positivas para as persoas con dislexia e promove a súa creatividade, calma, serenidade, tranquilidade e relaxación.

 

Máis de 4,6 millóns de españolas e españoles e 800.000 nenas e nenos nas aulas teñen dislexia pero soamente o 33% reciben a atención profesional necesaria. Calcúlase que nunha clase de 25 alumnas e alumnos ao menos un/unha terá dislexia. Amais, preto do 60% do fracaso escolar está protagonizado por alumnado con dificultades de aprendizaxe, sendo unha delas a dislexia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.