GALICIA
Feijóo anuncia que a Xunta traballa nunha Lei de reactivación da economía
O titular do Goberno galego presidiu o acto de entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca 2020
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta leva dúas semanas traballando nun proxecto de Lei de reactivación da economía co obxectivo de converter Galicia nun bo lugar para investir.
“Estamos xa a traballar nesta lei porque a tramitación administrativa non pode ser un problema, senón que ten que ser un acompañamento legal ás empresas, para que con seguridade xurídica se poidan instalar no ámbito territorial”, dixo, trasladando o compromiso de que o texto entre no Parlamento antes de que remate o ano para a súa aprobación, “e empezar 2021 cunha Galicia co menor prazo de tramitación da historia autonómica”.
Durante a entrega das Medallas Anfaco-Cecopesca 2020, Feijóo fixo fincapé na necesidade de apoiar máis que nunca a todo o tecido produtivo, facilitando que se consoliden novos proxectos para crear riqueza e emprego na Comunidade. Ao respecto, lembrou, a modo de exemplo, as medidas postas en marcha co Plan Avantemar para apoiar á cadea mar-industria neste 2020 e no 2021.
“Estamos xa a traballar nesta lei porque a tramitación administrativa non pode ser un problema, senón que ten que ser un acompañamento legal ás empresas, para que con seguridade xurídica se poidan instalar no ámbito territorial”, di
Así mesmo, o presidente da Xunta resaltou a capacidade de adaptación do sector da conserva durante a pandemia e aseverou que estas medallas redundan na importancia do traballo conxunto entre a cadea mar-industria e as administracións, contando con Anfaco como interlocutor. Non en van, esta asociación agrupa a 254 empresas -147 galegas- e abarca 26.000 empregos -15.600 en Galicia-.
Nesta liña, destacou o galardón de bronce recibido por Josefa Costa e Visitación Cancela, traballadoras de Calvo conservas; e Ángeles Santos, de Jealsa. “Todas elas levan máis de 45 anos nesta industria”, dixo, referíndose tamén á medalla de prata para Clara Aguilera, membro da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo; e á medalla de ouro para a Axencia Galega de Innovación da Xunta, polo seu compromiso para que os sectores produtivos galegos avancen a través da innovación.
Feijóo concluíu resaltando a rendibilidade do sector conserveiro galego, que leva a marca Galicia polo mundo. Así, salientou que a Comunidade achega o 80% da facturación do sector a nivel nacional, Galicia é a décima exportadora mundial en produtos de pesca, “e superamos a barreira dos 2.000 millóns de euros en exportacións de produtos do mar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217