O PORRIÑO
Sae a luz o informe “Lindano, presente dunha herdanza tóxica”
Ecoloxistas en Acción ven de presentar un informe titulado ‘Lindano, presente dunha herdanza tóxica’. Un estudo centrado na contaminación por lindano dos ríos que inclúe a detección, nas inmediacións dos chans contaminados, de elevadas concentracións de HCH- lindano na madeira de árbores.
![[Img #65218]](https://xornal21.com/upload/images/10_2020/4912_lindano_contaminacion-informe-ecoloxistas-en-accion.jpg)
O lindano é unha substancia utilizada como pesticida agrícola e sanitario e prohibida pola UE desde 2008 pola súa toxicidade. A Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC) considéraa como canceríxeno en seres humanos. É ademais un tóxico persistente, moi volátil e bioacumulativo. Aínda que xa non se fabrica no Estado español, segue presente no medio ambiente, en chans e ríos, como consecuencia do seu uso como pesticida e do mantemento de chans contaminados polas verteduras incontroladas dos residuos da súa fabricación. Ademais do Porriño destacan casos como o de Aragón (Sabiñánigo) e País Vasco (conca do baixo Nervión- Ibaizabal e Gardelegi en Vitoria).
A organización ecoloxista galega aproveita a publicación deste informe para lembrarle a Xunta de Galicia que debe cumprir cos seus compromisos para erradicar o envelenamento por lindano na bisbarra da Louriña. “A poboación do Porriño segue agardando a que o goberno galego comunique os resultados dos dous estudios encargados á empresa GEOCISA”.
Tamén aseguran descoñecer “as razóns desta inxustificada demora nin por que o Concello de Porriño non convoca a comisión sobre o lindano que ten constituida”.
Os ecoloxistas insisten en que a Confederación hidrográfica do Miño-Sil “non pode desentenderse do problema por máis tempo. Compre que, ao igual que a maioría das cuncas do estado ao respecto doutros contaminantes, faga un seguimento mediante mostraxes periódicas das augas do río Louro, tributo do río Miño”.
Ecoloxistas en Acción leva varios anos facendo un seguimento destas situacións de contaminación e denunciando a súa persistencia. Agora elaborou un informe, centrado na contaminación dos ríos, co título ‘Lindano, presente dunha herdanza tóxica’. O estudo está elaborado a partir dos datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, que confirman a presenza desta substancia perigosa persistente en todas as concas hidrográficas. A descontaminación da contorna da antiga factoría de Zeltia leva décadas de demora. “As administracións competentes non poden seguir xogando coa saúde da poboación afectada” sinalan dende o colectivo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126