CULTURA
Susana Seivane presenta o seu novo álbum 'Dende o meu balcón'
O disco recolle en 20 temas o repertorio que Susana tocou en cada unha das noites do confinamento e que foron retransmitidas polas redes sociais para todo o mundo
A riqueza do noso patrimonio musical galego e a posta en valor dos novos talentos que compoñen en base á tradición, son o fío conductor de “Dende o meu balcón”, o sexto disco de Susana Seivane que supón o retorno ao sustrato ancestral sobre o que Susana construiu a súa carreira.
Esta volta á orixe xurde a partires dun proceso onde a nosa identidade artellou unha catarse colectiva para miles de persoas no mundo a través da interpretación de Susana dos temas recollidos no disco, durante cada noite do confinamento. Inconscientemente, a procura dos acervos serviu de catalizador da resistencia e precisamente o descubrimento desta condición foi o que levou a Susana a compilar os temas interpretados neste novo traballo discográfico.
Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas ou Os Morenos de Lavadores son algún dos protagonistas do repertorio recollido
O repertorio de Ricardo Portela, Herme, Moxenas, Muxicas, Os Morenos de Lavadores, Os Campaneiros, Marcos Castro, Pepe Romero, ou Suso Vaamonde, entre outros, forman parte dos 55 temas agrupados en 20 suites para os que Seivane sumou a complexidade de empregar 8 gaitas en diferentes tonalidades.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184