DEPORTES
Aida Valiño encabeza o campionato galego de contra reloxo 2020
A triatleta Aida Valiño, flamante fichaxe do novo equipo ciclista porriñés "Louriña Cycling Team", produto da fusión entre "Máster da Louriña" e "A.D. Avanza", proclamouse campioa galega de contra reloxo individual 2020, na categoría elite. Cun crono de 19:36, Aida amosou a súa calidade. Hai que ter en conta que volveu á competición xa que estivo aleixada do ciclismo nestes últimos anos despois da súa maternidade e de sufrir dous accidentes de tráfico cando adestraba.
Na mesma categoría, a porriñesa "Chus" Barros, do "Spol C.C." foi subcampioa de Galicia cun tempo de 21:09.
A proba disputouse sobre un circuíto de 13 quilómetros na vila termal de Baños de Molgas, con saída e meta no Santuario dos Milagres.
No que atinxe á categoría elite masculina, o ciclista Roberto Mediero, do "Louriña Cycling Team", foi medalla de bronce, a 1:13 do gañador, Samuel Blanco. Por outra banda, Gustavo Rodríguez, ("Louriña Cycling Team") que partía como favorito ao título, rematou cuarto a consecuencia dun pinchado que rebaixou as súas posibilidades.
Na categoría cadete masculino, Roberto Pereira ("A.D. Avanza"), foi terceiro. Parou o crono en 21:00, a 19" do gañador.
Finalmente, en categoría Máster 40 masculina, Carlos Iván Vidal de Sa ("Louriña Cycling Team") foi medalla de prata e na categoría Máster 40 feminina, Mónica Alarcón ("Louriña Cycling Team") foi medalla de bronce.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40