Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 14 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Policía Local axuda a un veciño maior que camiñaba desorientado pola autovía

A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola Autovía A-52, o luns, ás 13,40 horas. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco.


Os axentes que se desprazaron atopárono camiñando á altura do punto quilométrico 306 comprobando que se trataba dunha persoa maior que ten problemas de demencia, procedendo ao seu traslado e entrega a súa familia que xa estaba a buscalo.


Aínda que o ámbito de actuación das Policías Locais no eido do tráfico restrínxese ás zonas urbanas, non é a primeira vez que axentes do Porriño acoden a atender estas situacións en vías interurbanas, como aconteceu o pasado 5 de setembro deste ano, cun home de 80 anos, tamén veciño porriñés, que sen ningún tipo de roupa camiñaba pola autovía A-55.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.