MOS
Inicio en Mos das certificacións en competencias tecnolóxicas básicas
O Concello de Mos (a través da concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro), como entidade certificadora de Microsoft a través da Rede Conecta, á que se adheriu fai anos a través da Fundación Esplai, ofrece a posibilidade mediante probas oficiáis e de validez e recoñecemento a nivel internacional, acreditar os coñecementos fundamentais en informática e internet no caso do IC3 -GS5, e de validar os coñecementos e habilidades prácticas no uso de Microsoft Office, no caso deBecaMos, que é o Programa no que se encuadra as certificacións de Microsoft Office Specialist, sendo o validador, directamente Microsoft.
A semana pasada un representante en Galicia da Fundación Esplai, Miguel Rodríguez García, presentou o labor realizado pola Fundación Esplai, sobre todo dirixido á mocidade e a persoas maioes e colectivos desfavorecidos, en proxectos de entidade social relacionados coas novas tecnoloxías. O Concello de Mos ten o compromiso de participación en diversos proxectos sociais e tecnolóxicos xestionados por Fundación Esplai, e financiados por distintas administracións a nivel estatal e da comunidade autónoma – Consellería de Política social, e dirixidos a colectivos de maiores, mocidade e persoas inmigrantes.
Acompañouno na presentación Guadalupe Ordóñez, voluntaria dixital (desde o ano 2016) do Concello de Mos, a través de Programa de Voluntariado Dixital – Rede Amtega (Xunta), ao que está adherido o Concello. Guadalupe é a supervisora dos exames de certificación, e un grande apoio ao alumnado que se presenta aos exames.
Asistiron á xornada alumnos e alumnas do Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. V edición, que se está a desenvolver durante este ano. Tamén asistiron algunas das persoas dun grupo de persoas alleas ao Programa e que se van a presentar tanto aos exames de BecaMos como IC3.
Os grupos preparatorios destas probas para obter a certificación oficial son 2: un de membros do Programa Integrado de Emprego, formado por 10 persoas, que comezou as sesións de preparación a semana pasada; e outro, integrado por outros 10 alumnos/as, que son persoas alleas ao Programa interesadas en obter as devanditas certificacións, e que comezan esta mesma tarde a formación preparatoria para poder presentarse aos exames. Polo tanto, no proxecto BecaMos e IC3 2020 participan un total de 20 usuarios/as. As probas examinatorias celebraranse en dúas convocatorias que terán lugar a finais do presente mes de outubro e comezos do vindeiro mes de novembro.
O Concello de Mos aposta desde fai anos por mellorar as competencias daquelas persoas que demandan activamente emprego, e una parte fundamental e que se traballa de forma continuada son as competencias tecnolóxicas relacionadas co emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11