Mos
O PSOE de Mos demanda melloras nas novas instalacións de Servizos Sociais
A voceira socialista, Victoria Alonso
Tras visitar ó persoal de servizos sociais no seu novo emprazamento no edificio do Multiusos de As Pozas, o grupo municipal socialista quere denunciar o que consideran "unha irresponsabilidade por parte do goberno municipal debido a incorrecta situación na que se encontran. A crise do Covid obrigou a este servizo a buscar outro espazo no que poder desenrolar as súas tarefas e atender a veciñanza coa que se teñen que reunir de forma segura".
A bancada socialista chama a" responsabilidade do concell"o xa que" no acceso o Multiusos non hai persoal para medir a temperatura, non hai dispensadores de hidroxel, non contan cunha limpadora que desinfecte as instalacións despois das visitas das usuarias e usuarios cas traballadoras sociais, e a premura no cambio de emprazamento provocou que dous dos despachos estean separados por unha porta corredeira, o cal non deixa privacidade entre ambos despachos". A isto se lle suma que "dúas traballadoras realizan as súas funcións de forma rotatoria no recibidor do Multiusos provocando que o material e os expedientes cos que traballan estean a disposición das e dos usuarios que utilicen o auditorio durante todo o día, ademais de que non se dotou a súa mesa cunha mampara protectora". Xunto a esta situación "preocupante" hai que engadir que "a calefacción leva dende o ano pasado avariada sen poder poñela en funcionamento e que nas antigas instalacións non hai cartel de ningún tipo informando a veciñanza do cambio" aseguran os socialistas.
A voceira socialista, Victoria Alonso, pide que “o concello debe acometer as melloras que precisan estas traballadoras de forma urxente para velar pola súa seguridade e pola das e dos usuarios, xa que nesas instalacións están programados actos para os vindeiros días”. Recórdalle que “o concello está para velar polo correcto funcionamento das súas instalación e esta situación é un risco para todos, tendo en conta os casos de rebrotes que se están a vivir na contorna”. Finaliza “a premura e a inconsciencia coa que realizou o cambio desenrolou unha situación preocupante e que pon en risco a saúde pública das traballadoras e veciñanza”
A voceira socialista, Victoria AlonsoTras visitar ó persoal de servizos sociais no seu novo emprazamento no edificio do Multiusos de As Pozas, o grupo municipal socialista quere denunciar o que consideran "unha irresponsabilidade por parte do goberno municipal debido a incorrecta situación na que se encontran. A crise do Covid obrigou a este servizo a buscar outro espazo no que poder desenrolar as súas tarefas e atender a veciñanza coa que se teñen que reunir de forma segura".
A bancada socialista chama a" responsabilidade do concell"o xa que" no acceso o Multiusos non hai persoal para medir a temperatura, non hai dispensadores de hidroxel, non contan cunha limpadora que desinfecte as instalacións despois das visitas das usuarias e usuarios cas traballadoras sociais, e a premura no cambio de emprazamento provocou que dous dos despachos estean separados por unha porta corredeira, o cal non deixa privacidade entre ambos despachos". A isto se lle suma que "dúas traballadoras realizan as súas funcións de forma rotatoria no recibidor do Multiusos provocando que o material e os expedientes cos que traballan estean a disposición das e dos usuarios que utilicen o auditorio durante todo o día, ademais de que non se dotou a súa mesa cunha mampara protectora". Xunto a esta situación "preocupante" hai que engadir que "a calefacción leva dende o ano pasado avariada sen poder poñela en funcionamento e que nas antigas instalacións non hai cartel de ningún tipo informando a veciñanza do cambio" aseguran os socialistas.
A voceira socialista, Victoria Alonso, pide que “o concello debe acometer as melloras que precisan estas traballadoras de forma urxente para velar pola súa seguridade e pola das e dos usuarios, xa que nesas instalacións están programados actos para os vindeiros días”. Recórdalle que “o concello está para velar polo correcto funcionamento das súas instalación e esta situación é un risco para todos, tendo en conta os casos de rebrotes que se están a vivir na contorna”. Finaliza “a premura e a inconsciencia coa que realizou o cambio desenrolou unha situación preocupante e que pon en risco a saúde pública das traballadoras e veciñanza”







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11