Galicia
A Axega ensaia con drons a resposta ante situacións de emerxencia
Con estes aparatos, é posible preparar a resposta dos equipos de intervención nunha zona afectada por unha situación de risco emerxente mediante o seu recoñecemento previo
A Axencia Galega de Emerxencias ensaia con drons de tecnoloxía autónoma como o recoñecemento previo dunha zona afectada pode mellorar a planificación da resposta ante situacións de grave risco. Así, mediante un exercicio realizado en colaboración co Instituto Tecnolóxico de Galicia, os técnicos da AXEGA puideron probar a eficacia de novos drons capaces de despegar e retornar ao punto de inicio de forma desatendida e emitir imaxes en tempo real, que facilitan a observación e, por tanto, a toma de decisións na intervención dos equipos de emerxencia en situacións de risco.
![[Img #65316]](https://xornal21.com/upload/images/10_2020/1921_axega-exercicioaxegadronsitg2.jpg)
Por iso, no exercicio realizado esta semana no Centro Experimental de Voos non Tripulados, situado na localidade de Cervo, formulouse o obxectivo de mostrar a importancia de contar con tecnoloxía avanzada que facilite a anticipación e a planificación dunha resposta eficaz ante situación de grave risco.
Ademais, os técnicos da Axencia Galega de Emerxencias mostraron como na actualidade xa se utilizan drons para a busca e posterior rescate de persoas. Para iso, puxeron en marcha outro exercicio que consistiu na localización dun pescador perdido en zona de costa para posibilitar o seu posterior rescate.
Con esta actividade, os técnicos da AXEGA probaron os novos avances tecnolóxicos en materia de recursos e sistemas, que se poñen ao servizo das emerxencias co obxectivo de aumentar as posibilidades de éxito en situacións de risco vital.
Cómpre destacar que esta actividade desenvolveuse no marco dun proxecto de cooperación entre a AXEGA e o ITG cuxa finalidade é o aproveitamento das sinerxías entre ambos os dous organismos, que destacan pola súa experiencia e innovación na operativa de drons, respectivamente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217