GALICIA
Feijóo avanza medidaspara apoiar ao sector do ocio nocturno ante a pandemia
Incide en que o obxectivo é paliar a baixada absoluta, ingresos cero, de todo este sector económico que supón unha parte importante en empregos na Comunidade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un paquete de medidas por case 5 millóns de euros para apoiar ao sector do ocio nocturno ante a pandemia.
En primeiro lugar, Feijóo referiuse á convocatoria dunha liña de axudas por valor de 2,2 millóns de euros, para sufragar os gastos de alugueiro dos establecementos que se atopen pechados desde o 15 de agosto como consecuencia da decisión tomada polo Ministerio de Sanidade, en coordinación coas comunidades autónomas. Así mesmo, o contrato de aluguer terá que estar en vigor desde o mes de xaneiro de 2020 e seguir vixente durante o ano posterior á data en que se permita a reapertura.
En segundo lugar, o responsable do Executivo galego destacou que a convocatoria de axudas por 600.000 euros para os establecementos habilitados como sala de concertos, sala de espectáculo ou café concerto, que o pasado 2019 levaron a cabo un mínimo de 15 concertos.
O importe do proxecto presentado deberá ser superior os 25.000 euros e subvencionarase ata o 80% dos gastos e “facemos un anticipo de forma inmediata, anticipo que poden utilizar no momento en que se reabra o ocio nocturno”, precisou o presidente da Xunta.
Ademais, habilitarase unha liña de axudas para o mantemento do emprego neste sector por 2 millóns de euros, e á que se sumarán nas vindeiras semanas outras iniciativas para facer fronte á covid.
Feijóo tamén explicou que a cuarta medida deste paquete “son préstamos para o financiamento do capital de explotación a un tipo de interese do 0,2 con tres anos de carencia”.
Para concluír o presidente da Xunta incidiu en que o obxectivo é “paliar a baixada absoluta, ingresos cero, de todo este sector económico de ocio que supón, sen ningunha dúbida, unha parte importante en empregos na Comunidade autónoma”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217