PROVINCIA
A Deputación destina máis dun millón de euros a concellos e entidades sociais
A Cañiza, Ponteareas, Salvaterra e Baiona recibirán 616.000 € no marco do Plan Concellos 2020
O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar este venres novos recursos para os concellos e entidades sociais da provincia que ascenden a máis dun millón de euros. En concreto, preto de 616.000 euros irán dirixidos ao concellos da Cañiza, Ponteareas, Salvaterra e Baiona, no marco do Plan Concellos 2020, e máis de 409.000€ a 80 entidades de 16 municipios da provincia para programas sociais dirixidos á poboación de maior vulnerabilidade
En canto aos investimentos do Plan Concellos, A Cañiza recibirá 126.880 euros para a financiación da “Substitución do material da cuberta do pavillón de Touzosas-Valeixe” que presenta na actualidade unha cuberta deteriorada que provoca filtracións de auga e humidades sobre a fachada. Coa achega do Plan Concellos, o goberno local poderá financiar unha nova cuberta de panel sándwich, mellorará a impermeabilización e illamento do espazo, revestirá o interior baixo cuberta, instalará novas baixantes e redes de canalización e pintará vigas e pilares.
No que respecta a Ponteareas, a Deputación aprobou destinar preto de 70.000€ para o financiamento da “Mellora de accesos no lugar de O Toucedo-Paredes”. Deste xeito a actuación converterá en accesibles os camiños municipais destes núcleos da vila, renovando ademais a súa capa de rodadura e o pavimento.
Pola súa banda Salvaterra de Miño recibirá 72.319,92 euros da Deputación para o “Saneamento en Ermitas, Couto e Toucedo”, dotando, así, deste servizo ás vivendas que actualmente non o posuían. Tamén no marco do Plan Concellos, pero da liña 3 de emprego, a vila recibirá 165.796 euros para contratar a 15 persoas traballadoras.
Preto de 80 entidades sociais de 16 concellos da provincia beneficiaranse de máis de 400.000 euros para programas sociais
No caso de Baiona, as achegas aprobadas polo goberno provincial enmárcanse na liña 3 de emprego do Plan Concellos 2020 e ascenden a 189.883 euros para que a vila poida financiar a contratación de 19 persoas traballadoras.
Subvencións para entidades con programas sociais
A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou tamén hoxe destinar 409.921 euros a un total de 78 entidades de 16 concellos da provincia para actuacións e proxectos de atención especializada a persoas de especial vulnerabilidade e que, polas súas circunstancias persoais, psíquicas, físicas ou socioeconómicas, se atopen en situación de desvantaxe e vulnerabilidade social.
As entidades que se van beneficiar desta liña de subvencións da Deputación pertencen aos concellos de Cangas, a Guarda, Lalín, Mos, Nigrán, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Tui, Valga, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Inclúense entre as iniciativas subvencionadas proxectos de promoción da autonomía persoal en persoas con enfermidades mentais, servizo de información e orientación para persoas con parálise cerebral, fomento do emprego, prevención e apoio en hábitos saudables en persoas con TEA, atención integral ao neno/a con patoloxía oncohematolóxica, clases de educación musical e expresión plástica, ou reparto de alimentos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108