Sábado, 06 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello limita o tempo de aparcamento no ORA

Xa entrou en vigor a modificación da ordenanza reguladora de aparcamentos (ORA) con dúas principais novidades que son a contía das sancións e o límite de tempo de estacionamento.

A principal causa pola que se acometera esta modificación da ordenanza foi a limitación do tempo de aparcamento. “Deste xeito aténdese unha reclamación da veciñanza pola escaseza de aparcamento na zona da Praza de Abastos e a gran demanda de prazas de estacionamento que se require para a atender o comercio” explican dende o Concello.


A Concellería de Seguridade decidiu limítar o estacionamento dos vehículos a 45 minutos (e non de hora e media como antes) considerando ese tempo como “dabondo para realizar as compras no mercado e no comercio local”.

Multas

No que atinxe ás multas por infracción da ordenanza, “actualizase ao establecido polas leis de tráfico”. Polo tanto haberá unha redución do 50% se o pagamento da sanción se fixera efectivo no prazo de 20 días naturais. O importe das sancións non se incrementou. Sanción de 36 € por modificar a hora de chegada despois do estacionamento; e sancións de 24 € por falta de disco ou comprobante; superar o límite horario; estacionar de novo na mesma rúa ou praza sen que transcorreran dúas horas; ou ocupar dúas prazas de estacionamento.

As prazas destinadas a persoas con dificultades de mobilidade manterán o tempo de estacionamento de tres horas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.