Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Andrea Dávila, Nuria Rodríguez, María del Mar Ramón e Alejandro Rego, premios Novos Valores 2020

Andrea Dávila Rubio, coa peza ‘I wish you'd rub your quills against my stomac'; Nuria Rodríguez Figueiredo, coa peza ‘Voltar'; María del Mar Ramón Soriano, con ‘Homeworks'; e Alejandro Rego Díaz, con ‘Representación nº3. La mano del artista', foron xs artistas seleccionadxs polo xurado da edición 2020 de Novos Valores, que nesta ocasión optou por tres creacións ‘escultóricas' e unha composición fotográfica para outorgar as catro bolsas de estudos de 7.500 euros.


O director do Museo valorou especificamente as memorias presentadas sobre os procesos creativos de cada unha das pezas, así como o destino que cada unha das autoras e o autor dará ás bolsas. Subliñou que esta edición, cargada de novidades, foi complexa á hora de elixir pola calidade amosada polas persoas participantes que, se ben foron menos en número que noutras edicións, fixeron propostas moi interesantes nas diferentes disciplinas artísticas.


Ademais das e dos bolseiros, na exposición de Novos Valores 2020 que se abrirá este xoves e permanecerá aberta no Sexto Edificio do Museo ata o 15 de novembro, tamén se poderán ver outras 17 pezas. Nesta ocasión, é de destacar a abrumadora maioría de mulleres presentes, sendo protagonistas de catro quintas partes da mostra, así como tamén de pezas escultóricas, destacando as sete obras escollidas polo xurado fronte ás catro de fotografía, e apenas tres de pintura e gravado, dúas instalacións, un vídeo e un debuxo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.