MOS
A alcaldesa reúnese con veciños de Mos para informarlles da sentenza da Pass Vigo
Explicoulles a realidade da mesma e abordaron a posibilidade de emprender accións legais directamente por parte da veciñanza
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rexeita calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”.
Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez.
A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”.
A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador.
Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11