Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:31:29 horas

Xornal21.es
Jueves, 22 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Eurocidade Cerveira-Tomiño avalía os seus proxectos pioneiros de cooperación

A Eurocidade Cerveira Tomiño, a partir do ano 2014, envolvendo nas súas accións a máis de 10.000 persoas, afondou e consolidou as relacións institucionais a través dunha programación e xestión conxunta e partillada de distintos servizos públicos e do envolvemento da cidadanía na formulación de solucións comúns para a resolución de problemas comúns. Ditas accións fixéronse no marco da “Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño”, cofinanciada polo FEDER a través do Programa Interreg V A España-Portugal (POCTEP).

 

Neste camiño conxunto pódense salientar algunhas accións distintivas, nomeadamente, a nivel da participación pública e da implicación da cidadanía, que se citan a continuación:

 

i) Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), proxecto pioneiro que permite á cidadanía e/ou entidades presentar proxectos comúns que son posteriormente votados polos electores de ambos os dous concellos. Entre 2016 e 2019, máis de 2000 votantes escolleron 10 proxectos, dun total de 25 candidaturas presentadas, que envolveron perto de 3000 participantes, en áreas como cultura, deporte, ambiente ou accesibilidade para todas as persoas.

 

ii) Valedoras da Cidadanía Transfronteiriza, figura única en Europa, que ten como función dar informacións sobre dereitos e deberes da cidadanía transfronteiriza e aínda rexistrar eventuais ocorrencias que poidan contribuír para corrixir problemas e mellorar o relacionamento entre as persoas e as institucións dos dous lados da fronteira. No ámbito da súa acción destácase a recomendación para a eliminación das barreiras á mobilidade infantoxuvenil, problemática que foi albo de análise no ámbito do proxecto B- solutions da Comisión Europea.

 

iii) No que respecta á planificación e xestión conxunta de equipamentos e servizos de utilización colectiva, destácase a creación dunha Plataforma Tecnolóxica de Xestión de Servizos Partillados, que facilitará o acceso da veciñanza a varios servizos na Eurocidade.

 

Para conclusión do proxecto serán realizadas as II Xornadas Amizade Cerveira Tomiño, que terán lugar o próximo día 23 de outubro, no Centro de Apoio ás Empresas de Cerveira e que servirán tamén para facer o balance dos resultados alcanzados. As conferencias poderán seguirse en streaming na web da Eurocidade (eurocidadecerveiratomino.eu).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.