MOS
Mos fará control de temperatura o Día de Todos os Santos no acceso dos cemiterios municipais
En todos os camposantos parroquiais das 10 parroquias mosenses haberá control policial durante toda a xornada para controlar rigorosamente que non se formen grupos de máis de 5 persoas e se manteña a distancia de seguridade
Esta semana celebrouse unha nova sesión da Comisión de Seguemento da Evolución da COVID-19 en Mos aproveitando a publicación das novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia.
A Comisión centrouse, dada a proximidade do día de Todos os Santos o domingo 1 de novembro, nos protocolos municipais a poñer en marcha de cara a esa data tan sinalada.
As medidas máis destacables, recomendadas por técnicos e expertos municipais, serán que se fará un control de temperatura para o acceso nos cemiterios municipais de Torroso e Mos, e que haberá control policial durante toda a xornada nos cemiterios parroquias das 10 parroquias mosenses, para asegurar que non se formen grupos de máis de 5 persoas nos mesmos e se manteña a distancia de seguridade.
Ademais por suposto deberase manter a distancia de seguridade de 2 metros, o uso da mascarilla é obrigatorio e nos cemiterios municipais a Misa celebrarase na Igrexa Parroquial.
Por outra banda, debido ao avance dos contaxios polo COVID-19, e facéndose eco das novas medidas decretadas pola Xunta de Galicia por este motivo para protexer a saúde e seguridade da cidadanía, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública, ordéase a situación de nivel 2 en toda a Comunidade Autónoma, polo que se deberá de cumprir: Reunións de máximo 5 persoas. Prohibidas todas as festas e verbenas. Capacidades comerciais, de restauración e hostalería e lugares de culto ao 50%. Capacidades nas terrazas ao 75%. Prohibición de consumo na barras dos bares. Limitacións de capacidades: Vodas 100 no exterior e 50 no interior. Velorios e enterros 25 exterior e 10 no interior. Eventos deportivos: 150 exterior e 60 no interior.
Respecto destas novas medidas autonómicas no Concello de Mos, tal e como acordou esta mañá a Comisión de seguemento, quedan interrompidos ata novo aviso os programas municipais de cursos culturais e deportivos ‘Tempo de Lecer’, ‘Exercítate’ e ‘Cóidate’, as clases de Aquagym na piscina municipal reduciranse a grupos de 5 alumnos máis o monitor/a, e as clases e adestramentos de fútbol non federado nos Campos Municipais poderanse realizar ao aire libre ata un máximo de 100 persoas pero agrupadas en grupos de 5 participantes (4 alumnos/as máis 1 monitor/a).
No caso dos eventos culturales como o concerto de Milladoiro incluído na programación de La Vuelta en Mos, o aforo de público queda tamén reducido. Neste caso serán 60 persoas as que poidan asistir a ver a Milladoiro no auditorio do Centro Dotacional de Torroso o vindeiro sábado, 24 de outubro, ás 20.00 horas.
Ademais desde o Concello contactarase con todas as asociacións, colectivos e clubes veciñais, culturais e deportivos para que sexan rigorosos no cumprimento da normativa nas actividades dos seus locais sociais.
E por último, na Comisión de hoxe, acordouse tamén incentivar as desinfeccións nas zonas comerciais do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11