Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 25 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos terá diferentes versións da canción de La Vuelta

Artistas locais están a traballar en 10 propostas diferentes, algunhas con instrumentos tradicionais galegos, para o tema musical do que grabarán tamén videoclip

Continúase en Mos coa programación derivada da saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España desde o Pazo de Mos o vindeiro 5 de novembro. Outra das iniciativas postas en marcha é a proposta cultural-musical de animar a artistas e grupos locais a que elaborasen a súa propia versión, incluíndo vídeoclip, da canción de La Vuelta de Carlos Baute. Algunhas das propostas musicais son con instrumentos tradicionais galegos, outras de canto tradicional… dándolle unha importante e especial presenza ao folclore galego.

 

Xa manifestaron que prepararon ou están a preparar as súas pezas e material videográfico numerosos artistas mosenses que participarán nun total de 10 versións diferentes do tema. Estes artistas e grupos locais son As Lagharteiras, a Banda de Música de Torroso con Antonio Barros, Antonio Barros Dúo e a bailarina Patricia Martínez, Coral O Son dos Cantares, Grupo de Alumnos da Escola de música Maison, Grupo de Alumnos de Pianagrama aula de música, Asociación Cultural Tangaraño, Grupo de gaitas de Herville, Algarabia e Chavellos.

 

Precisamente onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, achegouse ata a Escola Municipal de Música de Mos, sita no Centro Dotacional de Torroso, para escoitar unha mostra da versión que membros da Banda de Música Xuvenil de Torroso están a preparar xunto con Antonio Barros.

 

 

 

 

O material irase publicando diariamente no Facebook do Concello de Mos

 

 

 

 

Por suposto ante as novas limitacións nas xuntanzas de persoas, os grupos que aínda están a traballar na súa versión fanno respectando todos os protocolos e xuntándose únicamente un máximo de 5 persoas de xeito presencial para facelo.

 

A rexedora local mosense quixo agradecerlles aos participantes a súa colaboración o seu interese e o seu bo facer, gratitude que onte pola tarde puido expresarlle en persoa a Antonio Barros e membros da Banda de Torroso. E engadiu ademais que “nestes momentos, máis que nunca é preciso ilusionar a poboación e seguindo rigorosamento os protocolos anti covid19, celebrar actividades adaptadas á situación actual coa colaboración das institucións e de toda a veciñanza”.

 

Todos os vídeos iranse publicando no Facebook do Concello a diario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.