Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Gondomar renova a súa colaboración coa Asociación Espanñola de loita Contra o Cancro

O goberno renovou o convenio de colaboración dotado con orzamento de 2000 euros

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Nuria Lameiro, renovaron a cooperación que manteñen coa Asociación Española de Loita Contra o Cancro (AECC). O rexedor subscribiu xunto ao presidente da delegación da organización en Gondomar, Jose Luis Chamorro, o convenio de colaboración anual, dotado cun orzamento de 2.000 euros.

 

A firma enmárcase dentro da política do goberno local de facilitar as ferramentas e medios posibles ás entidades de carácter social ou comunitario que coa súa actividade redundan en beneficio dos veciños e veciñas de Gondomar, “ao que, sen dúbida o concello ten que contribuír, porque son estas asociacións as que teñen contacto directo coas necesidades de moitas persoas”, manifestou o alcalde Paco Ferreira.

 

 

 

 

Nos primeiros oito meses do ano AECC realizou 123 intervencións no municipio

 

 

 

 

A colaboración coa delegación local de AECC en Gondomar é unha realidade como demostran as cifras facilitadas polos seus profesionais que, xunto á rede de voluntariado, entre os meses de xaneiro e agosto de 2020 realizaron un total de 123 intervencións no concello de Gondomar, prestando algúns dos seus programas ou servizos gratuítos como a atención psicolóxica, social, programas de prevención, voluntariado ou “infocáncer”.

 

Cabe destacar a cooperación establecida entre o concello de Gondomar e a asociación durante o período de estado de alerta sanitaria entre os meses de marzo e xuño prestando o seu apoio, en colaboración cos Servizos Sociais do municipio, a aquelas persoas que sentían soas, desantendidas ou desinformadas prestando unha atención a través de servizos telemáticos e dixitais. Un servizo que se prestou non só a enfermos de cancro, se non tamén a persoas afectas pola covid19 ou que perderon un familiar durante ela.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.