Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 26 de Octubre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Escola de Letras da Deputación segue adiante con novos obradoiros en formato telemático

Os tres últimos cursos de “Escrita creativa” de Diego Giráldez e os obradoiros de Inma López Silva, que arrancan en novembro, faranse on line

Ante a actual situación derivada da pandemia a “Escola de Letras”, que a Deputación de Pontevedra organiza xunto a Editorial Galaxia, vén de modificar a formato telemático os vindeiros obradoiros que ían ter lugar nas sedes de Vigo e Pontevedra da institución provincial. Deste xeito, hoxe mesmo, 26 de outubro, celebrarase en formato online o curso “Escrita creativa”, con Diego Giráldez de 19:30 a 21:30 horas, e continuará o 28 e 29 de outubro, no mesmo horario e con todas as prazas cubertas.

 

No que respecta aos dous novos obradoiros Literarios, que dirixirá Inma López Silva previstos cara o último trimestre do ano, tamén contan coas prazas completas e levaranse a cabo en formato telemático. En concreto, o curso literario de perfeccionamento desenvolveranse os días 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro entre as 19:30 e as 21:30 horas, e o 9, 14 e 21 de decembro no mesmo horario. Pola súa banda, o obradoiro literario de iniciación terá lugar o 3, 10, 17 e 24 de novembro e os días 1, 10, 15 e 22 de decembro.

 

Inma López Silva (Santiago, 1978) é unha das novas narradoras galegas máis destacadas. En 2016 recibiu o Premio Insua dos Poetas como recoñecemento aos seus 20 anos de carreira literaria. Amais de escritora, destaca  como crítica e investigadora teatral, colaboradora habitual en numerosas publicacións periódicas e científicas. Actualmente é profesora na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.