GALICIA
A Xunta reforza o apoio social e laboral a mulleres vítimas de violencia de xénero e cancro
A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, formalizou esta semana na Delegación da Xunta en Vigo dous convenios coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo e coa Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam)
A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, formalizou esta semana en Vigo cadanseus convenios de colaboración coa Asociación Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo e a Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam), co obxecto de reforzar o apoio social e a reinserción laboral das mulleres, especialmente das vítimas de violencia de xénero.
A Xunta brinda deste xeito cobertura a dúas entidades con grande implantación na cidade olívica e que traballan estreitamente con mulleres, con especial atención ás vítimas de violencia de xénero. A través dos convenios desenvolveranse accións de apoio social, informativas, de acompañamento e de apoio á inserción laboral.
A Consellería de Emprego e Igualdade promove accións de apoio social e axuda ás vítimas de violencia de xénero
Para poder acometelas, a Consellería de Emprego e Igualdade destinará, por unha banda, 20.000 euros á Asociación Rede de Mulleres veciñais contra os malos tratos de Vigo, unha entidade que axuda ás mulleres vítimas de violencia a romper cos malos tratos e promove a concienciación social fronte a esta lacra. Grazas a este apoio, a entidade traballará na concienciación, prevención e denuncia social da violencia de xénero, así como na reincorporación psico-social e laboral das vítimas.
Adicam, pola súa banda, desenvolverá actuacións dirixidas a mulleres afectadas por enfermidade oncolóxica, en especial vítimas de violencia de xénero, ás que prestará asesoramento social, psicolóxico e xurídico e coas que realizará tarefas de prospección laboral e adaptación laboral. Grazas o convenio, dotado con 15.000 euros, organizará tamén obradoiros de habilidades sociais e accións de acompañamento hospitalario necesarias neste casos. Esta entidade conta con máis de 1.500 socios e socias e exerce, entre outras, actividades de sensibilización en prol da igualdade de xénero, facendo fincapé nos colectivos máis vulnerables, como as mulleres diagnosticadas de cancro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60