Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:31:29 horas

Xornal21.es
Domingo, 01 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A policía local de Tomiño conta cun novo vehículo híbrido

A Alcaldesa aproveitou a visita da directora xeral de Administración Local para amosarlle o proxecto da futura biblioteca municipal

A Policía Local de Tomiño conta dende esta semana cun novo coche patrulla, que lle permitirá desenvolver tarefas de protección medio ambiental. O vehículo “Eco”, cun motor híbrido (gasolina electricidade) e tracción 4 x 4, foi entregado na mañá de hoxe á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Pontevedra, María Luisa Piñeiro.

 

No acto de entrega atopábase tamén o portavoz municipal do PP, Esteban González Miranda; o concelleiro de Tráfico, Ismael Troncoso e o xefe da Policía Local, José Ramón Álvarez.

 

A directora xeral de Administración Local, explicou que o novo vehículo destinarase especialmente a tarefas relacionadas coa protección ambiental, coma vixilancia e conservación do medio ambiente, protección da flora e da fauna, recollida de verteduras, etc. A unidade vén a complementar o parque móbil da policía local que conta con outros dous coches patrulla e unha moto.

 

A Alcaldesa tivo oportunidade de amosar ás mandatarias da Xunta de Galicia o proxecto da futura Biblioteca Municipal, situada a carón do mercado. A alcaldesa explicou que o edificio da futura biblioteca tamén acollerá servizos municipais como a concellería de cultura, ou a Aula Cemit, así coma o Arquivo Municipal e aulas de formación.

 

A concentración destes recursos nun edificio permitiría aforros a nivel enerxético e mesmo de xestión do propio edificio, que ao estar tan próximo ao Concello, facilitaría as distintas xestións que teñen que facer os veciños en dependencias municipais.

 

O concello de Tomiño ten neste proxecto cultural e administrativo a súa máxima prioridade, e solicita que a Xunta de Galicia, ao igual que en outros concellos, colabore a través dun convenio en varias anualidades con esta infraestrutura tan importante para a veciñanza.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.