Miércoles, 01 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 31 de Marzo de 2026 a las 18:31:29 horas

Xornal21.es
Lunes, 02 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Campo de fútbol do Alivio conta cun aparato desfibrilador

Directivos de clubs locais realizaron a formación para coñecer o funcionamento do dispositivo, adquirido con fondos da Deputación Provincial

O Campo de Fútbol do Alivio conta cun aparato desfibrilador para previr e tratar ataques cardíacos que puideran producirse.


 
O concelleiro de Deportes, Fran Campo, recibiu a semana pasada o dispositivo electrónico, que vén a sumarse aos que xa teñen os campos da Carballa e Regatiño (Goián), existindo unha cuarta unidade en poder da Agrupación de Protección Civil.


 
O novo equipo , coma os anteriores, foi adquirido grazas ao apoio económico da Deputación de Pontevedra para este fin (60% do custe), achegando o resto o propio Concello e servirá para cubrir a actividade dos equipos que adestran nos campos deportivos.


 
O concelleiro de Deportes salientou  tras a entrega deste último desfibrilador, que varios membros dos clubs, realizaron os cursos necesarios para saber manexar os aparatos en caso de necesidade. “Deste xeito, incrementamos a seguridade dos nosos xogadores, no fútbol base e tamén noutras categorías”, comentou Fran Campo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.