Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 03 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O consello da Xunta autoriza a transferencia a prol do concello do Rosal dun treito antigo da estrada Tabagón,-Vila

Trátase dun treito de 290 metros da vía provincial EP-3302, xerado pola rectificación de trazado realizada pola Xunta de Galicia para executar o treito III da vía de altas prestacións Tui-A Guarda

O Consello da Xunta autorizou a semana pasada o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade dun treito antigo da estrada provincial que comunica Tabagón, O Rosal e Portecelo a prol do Concello do Rosal.

 

Trátase dun treito de 290 metros lineais na marxe dereita da vía provincial EP-3302, entre os puntos quilométricos 1+365 e 1+580.

 

Este treito antigo xerouse pola rectificación de trazado da estrada como consecuencia da execución, por parte da Xunta de Galicia, do treito III da VAP Tui–A Guarda.

 

Neste tramo realizouse unha actuación planificada e coordinada entre o Concello, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Xunta de Galicia, para mellorar a mobilidade peonil da zona.

 

A entidade provincial actuou no treito antigo de estrada da súa competencia, que é o obxecto deste cambio de titularidade, e deulle continuidade á senda peonil executada polo Departamento de Infraestruturas da Xunta no 2019, desde a subida ao Niño do Corvo ata a estrada de Morán, por un investimento de máis de 48.000 euros.

 

O cambio de titularidade inclúese no acordo entre o Concello e a Deputación Provincial de Pontevedra para a mellora da mobilidade peonil nesta estrada.

 

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos incluídos no inventario da Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia.

 

Neste sentido, o Goberno galego autoriza esta transferencia pola que lle corresponderán
ao Concello do Rosal as actividades de xestión e conservación da vía.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.