Sábado, 28 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 20:31:00 horas

Xornal21.es
Sábado, 07 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán cancelará dende hoxe todas as actividades deportivas e culturais municipais

Mantén abertas as instalacións públicas para os clubes federados que, dacordo coas normas, poden seguir adestrando ou competindo

O Concello de Nigrán cancela a partir do sábado todas as actividades culturais e deportivas municipais mentres teña vixencia o novo peche perimetral, polo que esta será a derradeira semana ata novo aviso.  O goberno local toma esta decisión atendendo ao protocolo publicado hoxe no DOGA e que entra en vigor desde o 7 de novembro, xa que limita a práctica deportiva ao modo individual e aos clubes federados e, paralelamente, os encontros deben cinguirse aos convivintes.

 

Igualmente, o Concello manterá abertas as súas instalacións deportivas (pavillón municipal e campos de fútbol de Vilariño e Condomínguez) para os clubes do municipio federados e que, segundo o decreto 179/2020 de 4 de novembro, poden seguir adestrando ou competindo (sería o caso da ED Val Miñor Nigrán, Racing Vilariño, Panxón-Nigrán F.S.  e  Club Baloncesto Nigrán).

 

"Como sempre, pedimos paciencia, cariño e calma. A Consellería de Sanidade toma estas medidas para impedir que o virus siga propagándose a este ritmo tan rápido e, entre todos, temos que cumprir responsablemente as novas normas para conseguir, de verdade, frealo e pasar un Nadal o menos raro posible", subliña o alcalde, Juan González.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.