TUI
Informe favorable sobre o Plan de protección do conxunto histórico de Tui
A Xunta de Galicia acaba de notificar o contido da súa resolución, como paso previo para a aprobación definitiva do Pepcha promovido polo Goberno local
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) acaba de emitir informe favorable sobre o Plan especial de protección do conxunto histórico (Pepcha) de Tui, paso previo para á súa aprobación definitiva. A resolución do organismo autonómico, que xa lle foi notificada ao concello pontevedrés, permite continuar coa tramitación administrativa deste instrumento de ordenación, promovido polo Concello.
Cómpre lembrar que a Xunta de Goberno local de Tui aprobou provisionalmente o Pepcha o pasado mes de maio e a continuación elevouno á DXOTU para informe previo á aprobación definitiva, un documento preceptivo e vinculante, segundo se establece na Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).
O ámbito do Pepcha coincide co definido no PXOM e co incluído no decreto 2286/1967 polo que se declara Conxunto Histórico-Artístico a cidade de Tui, se ben se amplía a chamada zona de respecto –fixada a fin de protexer a paisaxe exterior do municipio- na zona sur e norte en comparación coa que aparece delimitada no devandito decreto.
O sentido do informe está condicionado a que o Concello achegue a documentación requirida en virtude das normas técnicas de planeamento, que entraron en vigor o pasado mes de maio
Ademais, no expediente achegado polo Concello constan informes xurídicos municipais favorables condicionados, e informe da Intervención municipal en relación ao investimento do Concello. Tamén consta informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o documento aprobado provisionalmente do Pepcha de Tui.
Por todo o exposto e analizada a documentación relativa ao plan especial de protección, a DXOTU decidiu emitir informe favorable previo á aprobación definitiva, que lle corresponderá agora ao Concello de Tui.
En todo caso, a resolución de Urbanismo queda condicionada ao cumprimento do requisito fixado nas Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia (NNTT), que entraron en vigor en maio deste ano e establecen que os documentos de planeamento que se remitan á Consellería competente en urbanismo para informe ou aprobación, acompañarán os datos xeográficos do documento en soporte vectorial xeorreferenciado ou axustado ás NNTT.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149