Redondela
A reforma da EP 2906 Os Valos-Guizán, en Redondela, lista para saír a licitación
Luz verde do Goberno da Deputación ao expediente de contratación desta actuación que reordenará a mobilidade peonil, ciclista e rodada cun investimento de máis de 400.000 euros
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o expediente de contratación do proxecto de mobilidade sostible para o tramo da EP-2906 entre Os Valos e Guizán, en Redondela, que suporá a súa completa reordenación da circulación peonil, ciclista e rodada. A actuación, enmarcada no modelo de mobilidade segura e centrado nas persoas, sairá agora a licitación, cun orzamento de 402.341,59 euros que financiará integramente a Deputación, xa que o 30 % que ten que aportar o Concello se realizará con fondos do Plan provincial.
O proxecto aposta pola reordenación que a institución está a implantar na Rede Provincial de Estradas nos que se constata a existencia dunha importante presión residencial. De feito, o tramo Os Valos-Guizán ten unha lonxitude de case 750 metros e abrangue o sector máis densamente habitado desta vía de 2,9 km e que, ademais, une a PO-2602 co aeroporto de Peinador e a N-550.
nha vez que o proxecto se adxudique as obras, que durarán 5 meses, comezarán cunha actuación entre o PQ 2+180 e o PQ 2+390 onde xa se actuou coa construción dunha beirarrúa na marxe dereita. Polo tanto, as obras centraranse na beiravía esquerda cunha importante ampliación para a mellora da seguridade viaria. A continuación, na zona de maior densidade vaise crear unha plataforma única de convivencia entre peóns e vehículos coa correspondente sinalización horizontal e vertical. Quedan tamén deste xeito ben ordenados os cruzamentos e interseccións principais. Desde este punto engádese sección á estrada para gañar un carril peóns-bicicletas. Para elo habilitarase unha franxa con elementos separadores, de 50 centímetros de anchura, para protexer a senda peonil ciclista, que terá outros 2 metros de ancho. A velocidade de circulación para os vehículos será de 30 km/h, incluíndo para axudar ao "calmado de tráfico", elementos redutores e pasos de peóns sobreelevados. Ademais, no treito de plataforma única reforzarase a convivencia reducindo o límite aos 20 km/h.
Procederase tamén ao soterramento dos cables aéreos e á instalación dun novo sistema de iluminación, substituíndo os actuais farois dun elevado consumo, por outros que reducirán o impacto enerxético e medioambiental. Ademais, optimizará o iluminación, que actualmente só está pensado para o tráfico, ás novas circunstancias de mobilidade integral. A desaparición dos actuais postes de formigón contribuirá, a maiores, á mellora da seguridade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149