Vigo
Nova sede da Tesourería da Seguridade Social en García Barbón
O alcalde de Vigo visitou o novo edificio da Tesourería da Seguridade Social, situado na Avenida de García Barbón, onde hai anos estaba A Metalúrxica. Nesta nova sede traballarán uns 210 funcionarios que atenderán a preto de 75.000 persoas ao ano.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitaba a semana pasada a nova sede da Tesourería da Seguridade Social, o novo edificio situado onde antigamente atopábase A Metalúrxica. “Destaca pola súa composición arquitectónica, é un espazo moi digno de traballo, con condicións para os profesionais, quero mostrar a miña satisfacción polo novo local, porque tamén vai facer visible o seu traballo extraordinario”, apuntou.
Caballero, que fixo a visita xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, indicou que nas novas instalacións traballarán un total de 210 persoas para atender a un volume medio de 75.000 persoas ao ano, procedentes de Vigo, Redondela, Pazos de Borbén, Cangas, Moaña, Vilaboa e Bueu. “Darei ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o agrado da cidade pola nova dependencia pública, que dará unha mellor atención, que é o que nos importa”, apuntou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.20