Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 11 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
O ROSAL

O Rosal agradece a colaboración e compromisoda delegada territorial da Xunta

Sanidade, infraestruturas e seguridade vial, dependencia e transporte público centraron a primeira xuntanza de traballo entre a alcaldesa, Ánxela Fernández, e Luisa Piñeiro

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e membros do goberno local mantiveron esta semana a primeira visita institucional coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, na que se expuxeron as peticións e demandas da veciñanza con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro garantiu a colaboración da Xunta co concello rosaleiro e comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico coo Concello do Rosal.


Durante a reunión, o goberno local trasladou á delegada territorial as solicitudes de investimentos e actuacións relacionadas co eido sanitario, con infraestruturas e seguridade vial, con dependencia e servizos sociais e co transporte de viaxeiros.


Así, analizouse a posibilidade de acometer unha senda peonil e a mellora da estrada PO-353, xa que no seu día fíxose o primeiro treito e quedan por acometer outros dous na contorna de Novás e Fornelos. Tamén se avaliou a posibilidade de incrementar os fondos para dependencia, aínda que esa cuestión depende da transferencia de recursos do Goberno Central, e o reforzo das frecuencias de bus en quenda de mañá para a conexión coa bisbarra polas localidades da Guarda e Tomiño e tamén con Vigo por cuestións hospitalarias.


A alcaldesa agradeceu a visita da delegada territorial e valorou o seu coñecemento do mundo municipal tras ser rexedora de Moraña durante unha década e a representante autonómica anunciou un seguimento constante dos proxectos de interese para O Rosal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.