A GUARDA
O BNG esixe solucións á falta de seguridade viaria na Pasaxe en Camposancos
Anxo Baz: “é moi preocupande ver como o goberno local non atende ás demandas que veciños e veciñas reclaman dende hai anos”
O Bloque Nacionalista galego realizou unha visita á Pasaxe en Camposancos ante a desesperación de veciños e veciñas pola falta de medidas de seguridade viaria na zona.
Na reunión mantida coa veciñanza, o bloque nacionalista galego faise eco dunhas demandas que non van máis aló duns mínimos de dignidade e seguridade: unha marquesina, un paso de peóns e medidas para o calmado de tráfico.
O bng denuncia a situación de precariedade na que o goberno local deixa a numerosas familias, usuarias do transporte público, por negarlles a simple colocación dunha marquesina.
"A ausencia dun mínimo espazo de abrigo, condea aos nosos nenos e maiores a padecer as inclemencias do tempo un inverno máis", afirma o voceiro nacionalista Anxo Baz.
Para os nacionalistas, é moi preocupante tamén ver cómo o goberno local non atende a colocación dun paso de peóns e as necesarias medidas de calmado de tråfico que se solicitan desde hai anos.
"Temos a parada de autobús, a estación marítima, o parque infantil, un clube náutico, o enlace do camiño portugués pola costa, o servicio de ferri, as docas … todo frente a casa e non temos por onde cruzar" - comentaba unha das veciñas.
O BNG quere amosar todo o seu apoio ás demandas que a veciñanza reclama ao Concello da Guarda, demandas, ás que tamén se sumou a presidenta da E.L.M de Camposancos, Merchi Martínez.
Tanto a alcaldesa pedánea, como o portavoz municipal Anxo Baz, comprometéronse ante os veciños da Pasaxe a esixir unha actuación urxente que cubra unhas necesidades máis que constatadas, se atendemos a carga de tráfico e as velocidades que soporta unha estrada que da tamén acceso ás praias, astaleiros, fábricas, naves e almacéns e unha ampla zona residencial.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151