GALICIA
A Xunta cede equipamento de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil
O DOG publica hoxe a resolución das axudas para dotar aos municipios de menos de 50.000 habitantes de material de emerxencias
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos galegos que conten con Agrupación de Voluntarios de Protección Civil. Esta orde de axudas permitirá mellorar os medios dos que dispoñen as AVPC en 87 concellos e nas Mancomunidades de Terras de Celanova e do Ribeiro.
Con este obxectivo, a Xunta habilitou o pasado mes de maio unha liña de subvencións en especie, dotada con 932.400 euros, destinada a reforzar o equipamento das Agrupacións para que poidan levar a cabo as súas intervencións e labores de prevención de riscos en condicións de seguridade.
O material destinado aos concellos inclúe 8 vehículos todoterreos pick ups,12 remolques e de emerxencias, 4 UTV (Utility Task Vehicle),4 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate e 37 tendas de campaña. Tamén se inclúen medios específicos para intervencións en condicións de climatoloxía adversa con nevaradas e xeadas como 12 coitelas e 12 esparexadores de sal.
Entre o material destinado aos concellos inclúense 8 vehículos todoterreo tipo pick-up, 12 remolques de emerxencias, 4 UTV, 4 embarcacións, 37 tendas de campaña, 12 coitelas e 12 esparexadores de sal
Esta convocatoria inscríbese no esforzo que está a realizar o Goberno galego nos últimos anos para mellorar os medios de emerxencia dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, vén a complementar outros programas de apoio para mellorar o funcionamento das agrupacións ou a formación dos voluntarios.
Así, a Xunta destinou este ano un orzamento de 340.000 euros para os gastos de funcionamento de 188 AVPC da comunidade en concellos de menos de 50.000 habitantes. A Xunta aposta ademais pola formación no ámbito das emerxencias, que se leva a cabo tanto de forma centralizada nas instalacións da AGASP como descentralizada en todas as provincias co obxectivo de achegar os cursos aos voluntarios e facilitarlles a súa participación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108