GALICIA
A Xunta de Galicia amplía a atención dos puntos de encontro familiar de catro a sete días á semana
A conselleira de Política Social, Fabiola García, reuniuse con representantes dos sete centros que hai Galicia para dar conta desta medida
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que a Xunta de Galicia vén de ampliar a atención dos Puntos de Encontro Familiar (PEF) de catro a sete días da semana. A titular do departamento autonómico analizou a implantación desta medida cos representantes dos sete centros da rede pública galega emprazados nas principais urbes da comunidade durante unha reunión que mantiveron a través de videoconferencia.
Fabiola García explicou que a finalidade desta decisión do Goberno galego é aumentar o número de visitas que se realizan nestas instalacións, ao tempo que se garante a seguridade de profesionais e persoas usuarias. A ampliación dos horarios permitirá, así, evitar aglomeracións e cumprir todas as medidas de seguridade sen ter que reducir o servizo.
A conselleira subliñou o papel fundamental deste servizo de cara a salvagardar os intereses e a protección dos menores a través da atención e mediación familiar
Protección dos menores
Os PEF teñen como principal obxectivo defender os intereses e a protección dos menores a través da atención e mediación en familias que están en situación de crise. Así, este servizo dá cumprimento ao réxime de visitas de familias en procesos de separación ou garante que as nenas e nenos tutelados pola Xunta de Galicia poidan manter o contacto coa súa familia biolóxica.
A conselleira de Política Social aproveitou o encontro para agradecer o traballo que realizan todos os profesionais deste servizo e recordar que o obxectivo do Goberno galego é seguir a estender a rede con máis puntos de encontro á disposición das familias galegas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108