TUI
Ultímanse os traballos na parcela do muíño do Mañoco
Esta semana remata o prazo establecido pola Consellería de Cultura e Turismo ,para os traballos de mellora da contorna do muíño do Mañoco, en Tui. Esta obra está promovida pola Asociación Muiñeiros do río Tripes ao abeiro da liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística e embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (TU501D) e conta cun investimento de 13.800 € dos cales o 75% (10.000 €) son sufragados pola Consellería .
Dende que a asociación asumiu a cesión desta parcela, propiedade da Fundación Félix Rodríguez, levou a cabo diversos traballos de roza e eliminación de vexetación invasora. Así coma a tramitación dos pertinentes permisos perante a Dirección Xeral de Patrimonio , a CHMS e o Concello de Tui, previos a esta actuación de desentullo e adecuación da parcela do muíño, que se atopaba moi degradada polos diferentes recheos e o abandono.
As actuacións, supervisadas e dirixidas por un equipo de arqueólogos, están resultando moi proveitosas xa que están a recuperar diferentes elementos que permanecían soterrados. O máis destacable, ata o momento, é a gran canalización na saída de auga do muíño que se prolonga ao longo de toda a parcela en paralelo ao río. Esta construción non estaba documentada e foi un dos achados deste traballo arqueolóxico.
Outra das evidencias que están quedando comprobadas é o cambio da cota da canle fluvial e dos terreos anexos, moito máis elevados na actualidade que no momento da construción do muíño en época medieval. Un feito que está supondo un maior traballo e complexidade na tentativa de restablecer a paisaxe orixinal do muíño e a súa contorna.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149