BAIONA
“Contacontos pola Igualdade” nos colexios do Concello de Baiona
A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, " Novembro Lila", continúa coas súas actividades.
Hoxe o CEP Sabarís e CEP Belesar acolleron a actividade “Contos pola Igualdade” a cargo de Paula Carballeira baixo o título “A valentía da Leona”. Trátase dun conto tradicional sobre as nenas que consigue cambiar o mundo con intelixencia e dotes artísticas. A historia dunha muller empoderada a través de Greta, a nena protagonista do conto.
Esta mesma actividade celebrarase mañá no CPI Cova Terreña e CEIP Fontes.
O “ Novembro Lila” é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.
Esta programación vai un paso máis aló da estética dunha pancarta que berra “Non á violencia”, quérese entrar na cabeza do público para facelo reflexionar sobre a problemática da violencia machista e a desigualdade entre homes e mulleres, adaptándose ás diferentes idades do público xa que haberá actividades variadas para toda a cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217