Domingo, 08 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 17 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra estréase na Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta

O deputado Uxío Benítez participou nun encontro telemático xunto a representantes da Área Metropolitana de Barcelona, da Generalitat, de Valencia e de Bizkaia, entre outras cidades

A Deputación de Pontevedra acaba de participar por primeira vez como membro de pleno dereito da Xunta Directiva da Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB), que se reuniu de maneira telemática para afrontar os temas máis importantes nos que traballar para os próximos meses.

 

O deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, partillou no encontro coa directiva, formada polo director, Antoni Poveda, da Área Metropolitana de Barcelona (AMB), e das vicepresidencias de Juan Carlos Cabrera (Sevilla), Rebeca Pérez (Murcia), Alfonso Gil (Bilbao) ou Giuseppe Grezzi (Valencia), cidades todas elas de importante poboación e tradición de bicicleta. Tamén forman parte da directiva como vogais os concellos de Valladolid, Alicante, Donostia, Zaragoza, Santander, Gijón, Palma de Mallorca, El Prat de Llobregat, Sant Boi de Llobregat, Fuenlabrada, Elx, ou Cáceres, e tamén participan os concellos de Barcelona e Madrid, a Diputació de Barcelona, a Diputación Foral de Gipuzkoa e Generalitat de Catalunya, todos eles asociados moi activos na rede.

 

O presidente, Antoni Poveda, aproveitou a apertura da mesma para saudar ás novas incorporacións á Xunta Directiva, as Deputacións de Bizkaia e de Pontevedra, así como para agradecer a participación de todos os asociados na Xornada de Boas Prácticas celebrada hai uns días.

 

Unha vez máis o encontro tivo lugar en formato en liña, debido ás limitacións da pandemia, e coa numerosa e activa participación dos seus membros en todo o país, conseguindo un efecto sinerxía en favor deste medio de transporte tan importante para as cidades especialmente nestes momentos.

 

Segundo se puxo de manifesto, a mobilidade en bicicleta xa era un dos principais eixes de transformación urbana da última década, nun contexto global de emerxencia climática e de crise de calidade do aire nas cidades. Pero o contexto de excepcionalidade vinculado á COVID-19 supuxo un revulsivo para a bicicleta como alternativa de mobilidade. "Co referente dalgunhas actuacións realizadas en diversas metrópoles europeas e do resto do mundo, xeráronse nas nosas cidades múltiples intervencións en diferentes ámbitos co obxectivo de mellorar as condicións para a mobilidade en bicicleta, que se mostrou como unha das alternativas máis seguras para evitar a propagación do virus", destacan desde a rede.

 

Como resto de temas tratados na orde do día, dirixida polo secretario técnico, Nacho Tomás, destacaron as alegacións que a RCxB presentará á Lei de mobilidade sostible e financiamento do transporte, os traballos de finalización do Observatorio da Bicicleta 2020 que se presentará o día 11 de decembro na asemblea xeral, as novidades do BiciRegistro e a súa implantación en tendas de todo o país, os Premios Bikefriendly 2021 que xa están en marcha, o Mapa de entidades ciclistas, a proposta formativa de Factoría de Ciclistas, a enquisa da Zikloteka e o Embaixador da Bicicleta 2020.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.