PONTEAREAS
O PP critica a presentación dos orzamentos lsen manter reunións cos grupos da oposición
Os populares reclaman diálogo e consenso ante un documento que pretende aprobar en menos de sete días
O Grupo Municipal do PP lamenta "a falta de diálogo do Goberno bipartito (BNG-PSOE) que pretende aprobar a semana que vén o documento máis importante que ten o Concello, os seus orzamentos locais".
“Sen diálogo e por tanto sen consenso. O Bipartito presenta un documento de Orzamentos Locais para 2021 sen reunirse con ningún dos grupos da oposición. Sen escoitar por tanto as nosas suxerencias”, lamentan os populares.
“Vai proceder a modificar apartados do capítulo de persoal que non foron consensuados nin cos sindicatos nin cos traballadores”
O PP tentará visualizar de forma completa o documento para poder presentar alegacións, nun prazo demasiado breve para tratarse do documento de maior importancia dun Concello. “Da breve lectura que puidemos realizar detectamos modificacións no capítulo de persoal que non foron acordadas con ninguén. Descoñecemos o estado do investimento do programa EDUSI, cinco millóns de euros que teñen un prazo de execución e que moito nos tememos que non se está cumprindo”.
O PP non quere uns orzamentos exprés porque consideran que son prexudiciais para o municipio. “O ano pasado tamén tiveron présa. O resultado foi un orzamento totalmente irreal que lles levou á bancarrota e á necesidade de asinar varios préstamos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158