Martes, 27 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 21 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Xuventude desenvolve un ciclo de conferencias sobre as preocupacións da mocidade

Os IES Auga da Laxe e Terra Turonio de Gondomar acollen a 2a edición do ciclo “Falamos”, dirixido ao alumnado da ESO

[Img #65984]Por segundo ano consecutivo o concello de Gondomar, a través da Concellaría de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, pon en marcha nos meses de novembro e decembro o programa “Falamos”, subvencionado a través do Plan Concellos da Deputación Provincial, dirixido ás novas xeracións e as súas familias para previr e abordar os conflitos ou dúbidas aos que se teñen que enfrontar.

 

Como na anterior edición traballaranse diferentes áreas cos adolescentes nas clases, que se dividirán en charlas e o posterior desenvolvemento de obradoiros. Así no caso do alumnado dos dous primeiros cursos da ESO traballarase sobre a intelixencia emocional “tentando que a mocidade coñeza as súas propias emocións e aprenda a manexalas, tanto as positivas como as negativas”. Así mesmo abordaranse as novas formas de violencia, as que se exercen desde as redes, ensinando aos mozos e mozas como identificalas e evitar a súa normalización.

 

 

 

 

O programa, como o ano pasado, prevé no mes de decembro dúas charlas abertas ás familias

 

 

 

 

O alumnado de 4o e 5o da ESO participarán nas charlas tituladas “Falamos do meu futuro”, cuxo obxectivo é facilitarlles ferramentas para que saiban identificar as súas habilidades, aptitudes e coñezan as novas profesións que están a o seu alcance para que as poidan desenvolver.

 

A implicación das familias neste ciclo é fundamental, e do mesmo xeito que se fixo na primeira edición, prográmanse dúas charlas abertas a elas -que se publicitarán ao seu debido tempo-, onde cos pais e nais falarse sobre as súas principais preocupacións e facilitaránselles as pautas positivas a aplicar ante conflictos que adoitan xurdir nestas idades.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.