TURISMO
A Xunta amplía o programa de formación ao sector turístico
O Plan de formación para a reactivación do sector é de balde e estenderase ata xaneiro do vindeiro ano
Ante a situación derivada da covid-19, a Xunta, a través de Turismo de Galicia e do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), vén de pór en marcha o Plan de Formación para a reactivación do sector turístico, que se desenvolverá ata fin de ano a través de diferentes cursos, webinars e obradoiros online destinados ao conxunto do sector turístico.
O plan inclúe distintas accións, todas elas de balde para os profesionais, con programas de idiomas, finanzas, reconversión e adaptación das empresas turísticas, de transformación dixital, anfitrións, actualidade e aula aberta. A través deles búscase mellorar as capacidades dos traballadores do sector, ao tempo que se lle oferta aos empresarios turísticos dotalos de ferramentas que lles permitan revisar e adaptar os seus modelos de negocio para afrontar a nova realidade turística xurdida trala chegada da covid-19.
Primeiras accións
Esta semana arrancaron as primeiras formacións con dous cursos de inglés dos que se beneficiarán un cento de profesionais. Ademais, tamén se abriu o prazo de inscrición dos primeiros obradoiros do Programa de reconversión e adaptación das empresas turísticas: un sobre o Modelo de Negocio nas empresas turísticas e hostaleiras e outro do Mapa de Procesos nas empresas turísticas e hostaleiras, que teñen aberto a inscrición ata este xoves, 20 de novembro e dos que se ofertan 32 prazas. As inscricións pódense facer a través do enlace do espazo de formación: https://www.turismo.gal/formacion.
O programa oferta un amplo abano de cursos, webinars e obradoiros para dotar aos profesionais de novas capacidades e ás empresas turísticas de ferramentas que permitan dar resposta á nova realidade turística
A través destas formacións, que son impartidas por expertos nas diferentes materias, os profesionais turísticos poderán resolver dúbidas ante a nova situación provocada pola pandemia, ampliar os seus coñecementos de ferramentas estratéxicas ou reorientar o seu negocio cara ás necesidades do cliente, ademais de reducir erros de estratexia e custos no proceso, así como outras cuestións relativas a loxística, operacións, mercadotecnia e vendas.
Máis de dous mil certificacións
Con este novo plan, a Xunta continúa avanzando no proceso de formación do sector turístico galego, unha aposta na que, desde o comezo da pandemia, se viu fortalecida pola posta en marcha de múltiples accións de formación co obxectivo de dar resposta á nova realidade. Ata a data de hoxe, un total de 2.289 profesionais certificáronse nos Manuais de Turismo de Galicia e máis de catro mil son usuarias da Plataforma de Formación Continua de Turismo de Galicia dende que se puxo en funcionamento o pasado mes de xuño.
Ademais, desde a declaración do Estado de Alarma celebráronse un total de 22 webinars e dúas mesas de debate, nos que participaron un total de 3.400 participantes e impartíronse máis de 6.500 horas de formación certificadas. No ámbito da formación en idiomas, á que agora se lle dá continuidade, participaron un cento de persoas ás que se lles impartiu 2.000 horas de formación certificadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217