Miércoles, 25 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 21 de Noviembre de 2020 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda en zona de especial risco de virus da influenza aviar de alta patoxenicidade

Os veciños que teñan aves de curral, deberán proceder a inscribir o seu curral nun rexistro administrativo.

Desde finais do mes de xullo detectouse en varios países do leste de Europa a circulación de virus da influenza aviar de alta patoxenicidade (en diante IAAP) do serotipo H5N8 tanto en aves domésticas coma silvestres.

 

É necesario sinalar en primeiro lugar que o serotipo H5N8 circulante non ten carácter zoonótico, é dicir non se transmite ás persoas nin lles produce ningunha enfermidade.

 

A actual situación epidemiolóxica supuxo un cambio na valoración do risco de aparición desta enfermidade en España, de xeito que á data actual considérase que existe un risco alto de detección do virus da IAAP nas zonas previamente determinadas como zonas de especial risco (ZER), e de risco moderado nas zonas determinadas como zonas de especial vixilancia (ZEV), onde se atopa incluído, entre outros, o Concello da Guarda.

 

En relación á obriga para as persoas titulares de currais familiares de autoconsumo en concellos ZEV de inscribir o seu curral nun rexistro administrativo, a disposición da Consellería do Medio Rural, cómpre lembrar que a única finalidade deste rexistro e ter constancia da existencia do curral, por se fora necesario nunha situación de emerxencia sanitaria nas aves.

Este rexistro pode realizarse por diversas vías:

 

  • Na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada), cubrindo o formulario MR 501A – Inscrición no rexistro de explotacións avícolas non comerciais. Xúntase modelo para o seu coñecemento e uso se o consideran. (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR501A&ano=2015&numpub=1&lang=gl)

 

  • Nas Oficinas Agrarias Comarcais (OAC) da Consellería do Medio Rural.

 

  • No propio concello para posterior traslado á OAC de pertenza.

 

Por calquera dos sistemas habilitados pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.